Ribadeo, 17 de decembro de 2019. A Concellaría de Servizos Sociais ven de poñer en marcha un novo programa para aquelas persoas, maiores de 65 anos, que vivan soas e que non teñan familia coa que pasar as ceas de Noiteboa e Fin de Ano. A través desta iniciativa esas persoas poderán compartir esas datas tan sinaladas cos residentes do Centro de Atención a Persoas Maiores, a nova residencia. Os interesad@s poden anotarse antes das 14:00 horas do vindeiro xoves, 19 de decembro, nos Servizos Sociais do Concello.
A concelleira responsable, Mónica Freire, comentou que “desde a Área de Servizos Sociais Municipais queremos poñer en marcha un novo programa dirixido a aquelas persoas maiores de 65 anos que vivan soas e que non teñan familia coa que estar nas ceas de Noiteboa e Noitevella”.
Freire Rancaño explicou que “a través deste programa, estas persoas poderán compartir as ceas destas dúas datas tan sinaladas cos residentes do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo”.
A edil de Servizos Sociais engadiu que “todos os interesados que queiran participar nestas dúas comidas deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais Municipais antes das dúas da tarde do día 19 de decembro, deste xoves, ou a través do teléfono 982 12 08 08”.
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



