Alfoz, 16 de decembro de 2019. O libro “Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro” de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, foi editado coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz. Trátase dun amplo compendio do patrimonio de todo o Val do Ouro organizado por parroquias tanto do Concello de Alfoz coma do Concello do Valadouro.
A presentación terá lugar o venres 20 de decembro, ás 18.00 horas, no Castelo do Castro de Ouro de Alfoz, coa presenza de Pilar García Porto, representante da Deputación Provincial de Lugo; Jorge Val Díaz, Alcalde de Alfoz; os autores do libro, así como os numerosos colaboradores e colaboradoras neste gran traballo, editado en 2 tomos, de investigación e recuperación cultural, histórica e artística.
Sobre os autores:
Isaac Ferreira (O Valadouro, 1946). Autor teatral, narrador e poeta. Director de Casahamlet, Revista de Teatro, desde 2008 até 2012. Realiza traballos de documentación para libros e revistas de teatro. Con Manuel Lourenzo e Xesús Pisón publica Contos do Valadouro (1998 e 2005) e, cos mesmos autores, Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010) (investigación e publicación que tamén coordina). Escribiu, correxiu e coordinou o Inventario do Valadouro (2019)
Manuel Lourenzo (O Valadouro, 1943). Dramaturgo, director teatral, narrador, poeta e actor de teatro, cinema e televisión; é autor de máis de cento cincuenta pezas dramáticas. Tamén é autor de libreto da ópera galega O ARAME, con música de Juan Durán, representada na Coruña en 2008. Fundador e promotor dos grupos teatrais O Facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Compañía Luís Seoane, Clube Teatral Elsinor e Casahamlet Compañía de Teatro. Posúe numerosos premios, entre os que podemos destacar: o Premio de Teatro Rafael Dieste en 1996 e 1999, o Premio Nacional de Literatura Dramática en 1997, o Premio Nacional da Cultura Galega, Artes Escénicas en 2008 e o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais en 2016. Foi fundador, codirector e profesor de Casahamlet, Estudio de Teatro. Con Xesús Pisón e Isaac Ferreira publica Contos do Valadouro (1998 e 2005) e, cos mesmos autores, Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010). Colaborou na construcción do Inventario do Valadouro (2019).
Xesús Pisón (O Valadouro, 1954). Pintor, poeta, narrador e dramaturgo, é autor de máis de oitenta obras. Obtivo o Premio de Poesía Nova O Facho en 1979, o Premio de Contos Infantís O Facho em 1980 e 1984, o Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega en 1983 e o Premio de Teatro Rafael Dieste nos anos 1991 e 1994. Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática en 2005. Con Manuel Lourenzo e Isaac Ferreira publica Contos do Valadouro (1998 e 2005) e, cos mesmos autores, Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010) (investigación e publicación que tamén coordina). Participou activamente na construcción do Inventario do Valadouro (2019)






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



