O Psoe é un perigo para a industria deste país, os últimos acontecementos da fracasada poxa que o goberno socialista acaba de sacar dan a razón ao que o Partido Popular da Mariña que leva apercibindo varios meses e que agora o novo comité de empresa tamén comparte .
Psoe e Podemos teñen un acordo para realizar unha transición enerxética express e ideolóxica, coa única intención de adueñarse da bandeira neoecoloxista que rezuma dunha parte da sociedade máis preocupada no postureo que dos problemas básicos que temos por diante.
A transición enerxética da que se fala non é algo novo, levamos anos e moito diñeiro preparando a nosa industria para loitar contra a contaminación, reducir a produción de CO2 adaptándose extrictamente aos protocolos establecidos polas autoridades internacionais, introducindo enerxías limpas dunha forma progresiva e compatible coa competitividade das nosas empresas e o mantemento do emprego.
Dende que Sánchez entrou no goberno estanse tomando medidas extremas no modelo enerxético, ordénase o peche das centrais térmicas que fixeran inversións millonarias para seguir producindo ata o 2030 pero paradóxicamente cómprase esa mesma enerxía a centrais de Marrocos. Por outro lado todo o que teña que ver coa enerxía nuclear demonizase e en cambio seguimos comprándolla a Francia á que ademais mandamos os poucos residuos que xeramos e pagando o respectivo aluguer e penalízase o gasóil para o transporte atacando a industria automobilística, referencia deste país.
O modelo enerxético dun páis, e máis o de España que é unha illa enerxética, debe ser equilibrado mixturando todas as fontes e buscando a maior efectividade das mesmas, tendendo progresivamente a que as enerxías renovables vaian pouco a pouco ocupando o espazo que deixan as de combustibles fósiles segundo vaian rematando a súa vida útil, e paralelamente ao que vaian facendo os países máis industrializados para manternos coas mesmas condicións de custe e competencia.
Querer entrar antes nunha transición express como a que está aplicando o Psoe estanos levando a que as nosas empresas non están sendo capaces de adaptarse a un prezo da enerxía elevada porque os seus competidores teñen menos custes, o que fai que trasladen as súas producións a países que lles ofrecen a enerxía máis económica.
Levannos enganado co Estatuto máis de un ano, coa única escusa de que están en funcións.
¿Alguén cree que empresas como Alcoa, Ferroatlantico, Arcelor, Megasa, etc, etc, poden estar esperando un ano por unha decisión que en outros países se toma en 15 días?
E para rematala sacan unha poxa de interrumpibilidade de final de ano ridícula, que os deixa moito peor que os últimos anos, en contra do que levan prometendo os responsables socialistas mariñás concentración tras concentración.
É penoso ver a Alcaldes do Psoe, ao propio presidente da deputación ou a subdelegada do goberno poñerse diante das pancartas que piden unha enerxía competitiva e unha transición enerxética xusta e por outro lado xustifican e aplauden as decisións de Sánchez obsesionado con ser o “solucionador” mundial do cambio climático dende Madrid.
Srs do Psoe, cantas veces máis temos que escoitar os seus enganos? Todo o mundo sabe, e aí están as declaración dos representantes dos traballadores que vostedes son os causantes da grave crise que está a pasar a nosa industria pola fatídica Transición enerxética fundamentalista que están a aplicar , deixense de Postureos e tomen as solucións que Traballadores, empresas e Xunta de Galicia lle puxeron na mesa fai meses.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



