Carmen Calvo falou fai uns días de que o PSOE se abría a falar coas forzas nacionalistas dentro do título VIII da Constitución(non tivo o PSOE tanto reparo en modificar o artigo 135) e de que ningunha democracia do mundo recoñecía o dereito á autodeterminación e a independencia, dixo iso sen mencionar a palabra nación ou nacionalidade. Para falar dentro de ese marco non fai falla Carmen Calvo. Vaia, vaia que mentira Carmen Calvo no relativo ao dereito de independencia e autodeterminación. Xusto aquí ao lado en Portugal a súa Constitución recoñece o dereito a independencia e autodeterminación dos pobos, tamén en Escocia que consultou aos seus cidadáns coa seguinte pregunta: “debería Escocia ser un País independente? Si ou Non o que supón un recoñecemento tácito, ou en Canada. Dende a vicepresidencia dun goberno non se pode ser tan parcial e tan pouco rigoroso. Hoxe moitos políticos están instalados no inmediato da mensaxe, este é un dos males da nosa democracia.
Ben é certo que para min este tampouco é o camiño, enténdase que o dereito á consulta sempre ten que estar garantido, mais temos que traballar nun novo camiño máis acorde cos tempos e coas realidades da configuración mundial e dos bloques da política. A pregunta é, se queremos unha nación independente illada do mundo ou un estatus quo que recolla mellor a realidade dos pobos. Coido que niso o PNV ten máis claro o camiño, e chamase bilateralidade. A solución para o recoñecemento de Galicia, Euskadi e mesmo Catalunya pode ser unha figura que regule unha relación con España de bilateralidade e pertenza, unha especie de Estado Libre Asociado que xere sinerxías entre uns e outros e remate a configuración territorial do Estado. Non faría falta nin reformar a Constitución mais si un amplo consenso.
Non se asusten os máis conservadores e nacionalistas españois, esta fórmula está moi ensaiada e incluso funcionando xa en Europa sen tanto problema, sen ir máis lonxe o feudo conservador do Partido Popular Europeo que constitúe Baviera e un Estado Libre dentro de Alemaña, así recollido pola súa Constitución. O motor económico de Alemaña e a rexión máis rica de Europa goza de ese recoñecemento que pode ser a solución ao debate da configuración do Reino de España. En Baviera os seus habitantes teñen claro que son bávaros, mais tamén teñen cabida os que se senten alemáns e por suposto teñen un gran sentimento europeo, posiblemente porque o Alemaña respecte este sentimento e non busque confrontar para gañar votos noutros land.
No canto de posicións dogmáticas e unha constitución tan rexa, cómpre traballar na política da relación bilateral, seguir apostando pola descentralización e a relación federal nunha Europa confederal.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PDE/EDP



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



