Lugo, 21 de xaneiro de 2020. A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este martes a colaboración da institución provincial co Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente ao Instituto Español de Oceanografía, que depende do Ministerio de Ciencia e Innovación, para desenvolver na provincia o proxecto divulgativo Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia, unha iniciativa que fomenta o coñecemento, coidado e respecto do medio mariño entre os estudantes e o público en xeral.
O Pazo de San Marcos acollerá dous obradoiros e unha exposición específica entre os días 18 e 22 de febreiro. A actividade trasladarase á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos do 23 ao 29 de marzo.
“Traendo este proxecto á provincia, queremos contribuír a poñer en valor e visibilizar o labor investigador desenvolvido en Galicia en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecemento dos océanos, a sostibilidade dos recursos pesqueiros e a inmensa riqueza do medio ambiente mariño”, dixo García Porto, quen explicou tamén que a Deputación de Lugo colaborará con este proxecto financiando o transporte dos escolares dende os seus centros educativos ata o Pazo de San Marcos e Monforte.
Esta iniciativa, subliñou a Deputada, “é unha boa forma de fomentar a conciencia social no respecto e o coidado do medio ambiente nun tempo de emerxencia climática que entre todos e todas temos a obriga de combater”.
O proxecto estará aberto para o público en xeral, aínda que as actividades, todas de carácter gratuíto, están dirixidas principalmente a alumnos e alumnas de Educación Primaria e a ESO. Mañá mércores, ás 9.00 horas, abrirase o prazo de inscrición nos obradoiros que terán lugar na Deputación de Lugo. A solicitude poderá realizarse a través do correo electrónico ieo.vigo@ieo.es
Xunto a Pilar García Porto, na presentación do programa participaron Victoria Besada, Directora do dentro Oceanográfico de Vigo, e Isabel Rivero, investigadora do organismo. Besada comentou que con esta iniciativa permitirán a aqueles que se acheguen á mostra “ser investigadores por un día, poderán manexar o noso instrumental, co que traballamos cada día, e tamén coñecer as nosas instalacións a través dunhas gafas de realidade virtual”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



