Mondoñedo 25 de xaneiro de 2020. A Administración local é a máis próxima aos cidadáns e, polo tanto, a que mellor coñece os problemas aos que se enfrontan día a día. Sen dúbida, atender a persoas que precisan coidados, sinaladamente ás que sofren alzhéimer, é unha tarefa que require apoio en distintos ámbitos. Consciente desta necesidade, o Concello de Mondoñedo, presidido por Elena Candia, pon en marcha, baixo o título “Coidamos o Coidador”, un servizo de asesoramento e apoio.
Trátase dunha nova prestación que establecerá o Concello mindoniense co fin de ofrecer atención especializada aos responsables principais das persoas que precisan coidados.
O goberno municipal, presidido por Elena Candia, é consciente de que o labor de coidar supón un importante esforzo por parte do familiar/coidador, debido á necesidade de levar a cabo múltiples tarefas novas que debe integrar na súa vida, pero ademais convértense no eixo central da súa organización diaria. Este aumento de traballo, tanto físico como emocional, provoca na maioría das ocasións un desgaste importante, sendo fundamental intentar que tomen conciencia da necesidade de autocoidarse e de buscar axuda. É, por este motivo, polo que dende a entidade local deciden, indica Candia, “dar un paso adiante e poñer en marcha este asesoramento”.
Obxectivos
Os obxectivos do programa son apoiar e orientar á familia/coidadores tratando de reducir sentimentos de angustia e irritabilidade; axudar á comprensión e aceptación das condutas do enfermo; facilitar a resolución de posibles problemas e/ou conflitos relacionados coa sintomatoloxía; fomentar as relacións sociais e redes de apoio; e orientar en aspectos legais e recursos dispoñibles, en relación ás dificultades laborais e económicas que xorden de xeito paralelo.
Actividades máis inmediatas
Neste senso, no marco desta iniciativa como actividades máis inmediatas contémplanse o desenvolvemento de sesións formativas periódicas (sesións de dúas horas, un día ao mes) para os familiares/coidadores; proporcionar información sobre a enfermidade, cun achegamento especializado para coñecer as súas necesidades e situación particular, que serán complementadas coa asistencia ás formacións de profesionais do SAF; posta en marcha dun grupo de voluntariado en Residencia, Centro de Día e Unidade de Alzheimer; elaboración dunha guía informativa básica para os coidadores e posta en marcha de sesións grupais en relación ás necesidades detectadas.





















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



