Burela, 12 de febreiro de 2020. Academia A Mariña, de Burela, organiza un curso presencial de corte e peiteados, que será impartido por Carlos Bardullas o 2 de marzo de 10 a 14 horas.
Este profesional ademais da súa calidade extrema no manexo do cabelo, domina a técnica de corte coas dúas mans logrando un efecto no pelo, imposible de conseguir doutra maneira.
Carlos Bardullas realizará unha formación totalmente práctica, onde os participantes traballarán as diferentes técnicas de corte e peiteados que son tendencia este 2020. Ademais Academia A Mariña facilitará a todos os participantes material específico para esta formación, cabeza e material didáctico.
As prazas para asistir a este curso son limitadas. É necesario inscribirse en Academia A Mariña. O prezo por asistencia ao mesmo é de 135 euros.
Desde a dirección de Academia A Mariña, Becky Hermida, sinala que “como cada ano, queremos contar con profesionais do mundo da barbería e a estética para dar formación ás nosas barberías da Mariña”.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 982 58 50 98.
