Lugo, 6 de xaneiro de 2020. O Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo acolleu este xoves a preestrea da película Arima da directora vasca afincada en Galicia Jaione Camborda, que foi rodada maioritariamente na cidade mindoniense. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu á proxección da longametraxe, para a que a institución provincial achegou 15.000 euros.
A que é a ópera prima de Camborda como directora de longas, vén de acadar o Premio Escáner no Festival Márgenes de Madrid e o Premio á Mellor Dirección na sección Nuevas Olas do Festival de Sevilla. Ademais, na rodaxe de Arima participaron dous alumnos de produción e un de realización do Centro de Formación Audiovisual da Deputación, que realizaron a súa FCT (Formación en Centros de Traballo) de marzo a xuño de 2018.
Ademais da participación en Arima, a Deputación está a apoiar outros proxectos lucenses ou gravados na nosa provincia. Os máis recentes son O Sabor das margaridas, a primeira serie en galego incorporada á plataforma audiovisual Netflix, e o documental Welcome to ma maison da produtora meirega Gaitafilmes. O organismo provincial tamén apoiou películas multipremiadas como O que arde, A sombra da lei e Dhogs.
Mondoñedo, plató de cine
A cidade de Mondoñedo converteuse en plató de cine durante a rodaxe de Arima, unha produción de Esnatu Zinema. Na cidade mindoniense gravouse o groso da película, aínda que tamén hai outras localizacións en Santiago e na comarca de Ferrol. Segundo a directora vasca, en Mondoñedo atopou as localizacións que levaba anos buscando para un guión que escribira anos atrás.
Trátase dun thriller psicolóxico protagonizada por Mabel Rivera, Melania Cruz, Rosa Puga, Iria Prada, Nagore Arias e Tito Asorey. É a historia de catro mulleres e unha nena cuxa vida se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Todo se move na fronteira entre o real e o máxico.
Jaione Camborda cos alumnos do SdeA
A directora de Arime mantivo varios encontros cos alumnos da antiga Escola de Imaxe e Son da Deputación. En concreto, impartiu unha masterclass dentro do programa de actividades complementarias do centro e participou nos Encontros Mestre Mateo celebrados na TIC en 2014, cando Jaione Camborda gañou o Mestre Mateo ao Mellor Guión por Os fenómenos e foi candidata á Mellor Dirección Artística por El oro del tiempo. Camborda é unha das profesionais de acreditado prestixio que manteñen encontros co alumnado do Servizo de Audiovisuais, para achegarlles a súa experiencia no sector audiovisual.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



