Lugo, 13 de marzo, 2020. Ante a situación que estamos a vivir provocada pola pandemia do coronavirus e que afecta de maneira especial ao sector da hostelería quérovos trasladar o seguinte comunicado:
Ao longo destes días, en colaboración coas patronais nacionais de restauración e aloxamento como son CEHE e CEHAT, entidades das que formamos parte, remitimos aos nosos asociados diferentes recomendacións para evitar o contaxio, tanto a nivel persoal, como no establecemento, así como pautas de actuación ante os distintos supostos que, no noso día a día, está a provocar esta epidemia.
Ante esta situación e valorando o que está a pasar noutras comunidades autónomas, coas cales estamos en permanente comunicación desde Apehl, consideramos que a decisión máis acertada a tomar nestes momentos é o recomendar o peche temporal dos establecementos de hostelería e turismo da provincia de Lugo como medida preventiva para frear e conter a expansión do coronavirus e as súas graves consecuencias tanto a nivel de saúde como económicas, apelando á responsabilidade social. A non transmisión deste virus está, única e exclusivamente, na aptitude que teñamos os cidadáns.
Apehl considera que é mellor “frear de golpe” esta situación que seguir coa adopción de medidas de forma gradual que poden levar á “ruína do sector”.
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo fai un chamamento á tranquilidade, pero debemos estar totalmente alerta. A solución a este problema está nas nosas mans e debemos facer un exercicio de civismo para protexer tanto aos clientes como aos empregados do sector da hostelería.
Cheché Real
Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl)























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



