A Mariña 9 de marzo de 2020. Unha paciente denuncia que a dirección do Hospital da Mariña estalle a negar unha derivación ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para someterse a unha intervención cirúrxica de ombreiro que non se realiza no Hospital da Mariña. Tras denunciar a situación ante a Valedora do Pobo, a dirección médica accede a recibila, máis na reunión, lonxe de solucionar a súa situación, “atópome frente a unha barreira insalvable que non fai máis que intensificar a miña desesperación e indignación”, comenta a paciente.
A súa odisea comezou en xuño de 2017, cando lle diagnostican unha tendinopatía no ombreiro dereito, mais noutra consulta posterior confírmase un novo diagnóstico, rotura completa do tendón do músculo supraespinoso. Seis meses despois deste diagnóstico, e de sufrir continuamente dor e dificultade para o movemento, é operada por artroscopia. A muller non quedou ben desta intervención e é sometida a unha segunda intervención en xaneiro de 2019. Despois da segunda intervención e de seguir un tratamento rehabilitador é dada de alta, pois dinlle que non se pode facer nada máis e que ten que convivir coa dor.
A muller vese obrigada a ir a unha consulta privada ante a deixadez da administración pública.
Ante as expectativas tan negativas que lle dan no hospital a paciente vese na obriga de acudir a unha consulta privada, onde é informada que existe a posibilidade de someterse a unha intervención cirúrxica de reconstrucción da cápsula articular anterior, e que esta intervención realízase nos hospitais da rede pública de A Coruña ou Santiago. Con esta información acude de novo á sua consulta de traumatoloxía do hospital da Mariña, pero o único que lle ofertan é a colocación dunha prótese no HULA, xa que en Lugo non se realiza a intervención que sería recomendable.
Impotencia, sensación de abandono e agravio comparativo respecto a pacientes das capitais.
Ante esta resposta, logo de que a inspección médica corroborase que debía ser derivada a Santiago ou A Coruña, a muller pon dúas reclamacións en Atención ao Paciente que caen en “saco roto”, e mesmo solicita ser recibida pola Xerencia do hospital, obtendo o silencio como resposta. É despois de presentar a denuncia ante a Valedora do Pobo cando a dirección do centro decide recibila, mais “somentes atopei actitudes agresivas e á defensiva que en lugar de aliviar a miña angustia, multiplican a miña desesperación e indignación”, manifesta a muller.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos á dirección do centro que demostre con feitos que realmente a asistencia sanitaria do SERGAS é continuista , facilitando á paciente a posibilidade de equipararse a calquera outro/a paciente que resida en A Coruña ou Santiago. “A casos coma este nos referimos cando afirmamos que estamos a ser tratad@s como pacientes de segunda clase e non é a primeira vez que ocurre, nen será a última”, relatan desde o colectivo sanitario.
Do mesmo xeito, @s activistas sanitari@s afirman que as Xerencias dos centros públicos deberían ser transmisoras de solucións e empáticas co sufrimento das persoas, garantindo, no contexto da mellor atención posible, o acceso ás técnicas máis avanzadas e máis axeitadas a cada caso, ofertándollas ao paciente independentemente do lugar onde vivan.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



