Foi este venres na N-VI ó seu paso por Begonte. A única condutora foi sancionada contra a seguridade do tráfico por levar o habitáculo cheo de bolsas e tamén por saltarse a lei de confinamento.

Pilar Falcón, xornalista de radio e televisión, académica e doutora en Ciencias da Información, ofreceranos unha formación especializada para que os profesionais aproveiten o poder da súa voz como un recurso crave na comunicación, na divulgación científica e no liderado profesional. Realizarase online ou presencial, o 22 de setembro, de 18:00 a 19:00 horas. Máis información e matrícula gratuíta: extension.uned.es/actividad/46909&codigo=HEUP
Sábado e domingo están citadas 25 xogadoras das diferentes Comunidades Autónomas que loitarán polo título estatal nun ambiente cheo de emoción e compañeirismo.
A descuberta da praca culminou unha nutrida axenda de actos de recoñecemento e divulgación do legado de Andrea López Chao que se desenvolveu nos últimos catro anos, da man dun grupo de traballo coordinado por Luis Ansedes. Tras a inauguración, na que particiou a bisneta da homenaxeada, Patricis Ares, estreouse no Auditorio Municipal o documental "Andrea López Chao. O poder de educar" da realizadora hispano cubana Violeta Ramos Valdés. Iria Castro parabenizou "as persoas que participaron no recoñecemento e divulgación da figura de Andrea López Chao, ampliando o coñecemento do seu legado e documentándoo e proxectándoo para as xeracións futuras"
"Zozobra" en palabras do propio autor, Maxi Rodríguez, é unha 'labazada de teatro que axita conciencias'. A cita é este domingo 21 de Setembro ás 20:00h. no Auditorio Municipal con entrada de balde
As delegacións municipais participan neste acto solemne que mantén viva a devoción pola patroa da cidade de Mondoñedo e reforza a unión entre os concellos da contorna. Mariña Gueimunde subliñou que «para Viveiro é unha honra participar nesta celebración tan arraigada que une ás nosas vilas a través da tradición e da cultura». Engadiu que «é fundamental preservar estas manifestacións colectivas que forman parte da nosa identidade e que fortalecen os lazos de fraternidade entre os pobos veciños».
O encargado de dar a saída foi o alcalde, Dani Vega, que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Por diante 21 quilómetros de percorrido por paraxes espectaculares ata chegar á meta na praia das Catedrais. A proba desenvolveuse nunha tarde soleada e moi calorosa.
O evento está organizado pola asociación de veciños da parroquia, co apoio do Goberno galego. Arias puxo en valor o traballo do colectivo organizador para "facer medrar este evento ano tras ano, consolidándoo en soamente tres anos como unha das citas destacadas no calendario festivo da comarca".
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital