Lugo, 2 de abril de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe que o Ministerio de Transportes, a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, financia o acondicionamento dun aparcamento público en Mondoñedo.
Isabel Rodríguez destacou que “este é un bo exemplo da colaboración e lealdade institucional do Goberno de Pedro Sánchez, que dá prioridade ao interese público por riba de calquera outra consideración”. A subdelegada explicou que “o Ministerio de Transportes investirá 128.120 euros (IVE incluído) neste proxecto promovido polo Concello de Mondoñedo tal como lle comuniquei ao alcalde, ao que chamei esta mañá”.
O Ministerio de Transportes adxudicou a obra á empresa Proyecon Galicia SA, que foi seleccionada entre as 5 ofertas presentadas, e xa formalizou o contrato, tal e como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado.
A obra consistirá no acondicionamento de tres parcelas situadas na travesía Casas Novas para habilitar una zona de estacionamento de vehículos nas inmediacións do Caso Histórico de Mondoñedo. O proxecto ten por obxecto facilitar unha alternativa de aparcamento próxima ao centro para evitar que os vehículos aparquen nas rúas do Conxunto Histórico mindoniense.
A intervención farase co menor impacto visual posible e inclúe o axardinamento e plantación dos espazos libres con especies de árbores autóctonas, así como a instalación de alumeado público e recollida de pluviais. Tamén inclúe a instalación de sinalización vertical de información, desde os accesos á cidade ata o aparcamento, así como de regulación da circulación no interior do mesmo, que será nunha única dirección.























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



