Lugo, a 30 de abril de 2020. Acaba abril e a Deputación non celebrou a sesión plenaria ordinaria correspondente a este mes. No Partido Popular preocupa o desinterese do presidente da corporación provincial, o socialista José Tomé, pola convocatoria de pleno ordinario nunha situación de crise sanitaria e económica como é a provocada polo coronavirus Covid-19. O viceportavoz popular José Antonio García di que “é evidente que aínda que só fora por asuntos directamente relacionados coa pandemia, son moitas as cuestións que deberan ser abordadas pola corporación, pero tamén hai moitos outros asuntos que no poden permanecer bloqueados”. Avisa de que o PP non permanecerá calado se o goberno pretende evitar tamén o pleno de maio.
Os populares din que, a estas alturas, está sobradamente demostrado que é viable celebrar sesións plenarias telemáticas. De feito, José Antonio García lembra que a Deputación xa tivo un pleno extraordinario mediante videoconferencia. Polo tanto non son dificultades de tipo técnico as que motivan que Tomé non convoque pleno ordinario. “A propia Deputación ofrece soporte técnico aos concellos para que poidan ter sesións por vía telemática”, destaca García.
E non sendo problemas técnicos, cal é a causa, se pregunta García, de que non se convocara o pleno ordinario de abril? El mesmo se resposta: “Por un lado, a falta de interese polo exercicio da participación democrática, xa demostrado polo presidente Tomé, que son as sesións plenarias; non lle gusta ter que escoitar á oposición, o mesmo dá que sexa para criticar a súa xestión que para facer propostas para beneficio dos lucenses. Ese é o quid da cuestión: o intento de dar a menor participación posible á oposición. Esta é unha cuestión esencialmente de concepto do que é democracia e participación. E por outro lado, eu, despois do tempo que leva ao fronte da Deputación, penso que non convocou a sesión plenaria ordinaria por pura vagancia; igual non é así, e, se estou equivocado, pido desculpas”.
García di que, en todo caso, non é a falta de asuntos un argumento que se poida usar para xustificar a non convocatoria do pleno. “Ademais das cuestións habituais, dos temas de xestión que son necesarios para atender as obrigas da Deputación en circunstancias normais, están todos os que teñen que ver con esta crise sanitaria que deriva en crise económica”. José Antonio García afea a Tomé que sexa incapaz de presentar un plan de intervención directa da Deputación para a reactivación económica da provincia. E, que se saiba, tampouco ten previsto nada relevante o goberno que preside Tomé para a desescalada do confinamento en Lugo. García di: “É difícil alcanzar tal nivel de parálise e inacción nunha situación tan complicada para os lucenses tanto no terreo persoal como no laboral, empresarial, comercial, etcétera”.
García di que espera que o presidente da Deputación convoque dunha vez á xunta de portavoces, como pide insistentemente o PP, para tratar sobre as medidas que debe adoptar o organismo provincial para propiciar que Lugo supere a crise o más rápido e da mellor forma posible. E tamén para que o presidente explique se vai convocar e cando pleno ordinario en maio. “Non había xustificación para non celebrar sesión en abril e menos aínda para non convocala en maio; sería unha grave irresponsabilidade por parte do presidente, tanto desde o punto de vista democrático como por necesidade para afrontar a crise sanitaria e as súas consecuencias económicas”. Engadiu: “Xa sabemos de que pé coxea politicamente e institucionalmente o presidente Tomé, pero a este paso, haberá que pensar tamén que Pedro Sánchez deu instrucións para facer nos distintos niveis institucionais o mesmo que fan el e os seus socios no Goberno, aos que xa está claro que molestan a oposición, os medios de comunicación críticos e as redes que non aplauden a súa xestión”.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



