As manifestacións, agora caravanas, de xentes que saen á rúa en protesta (a verdade non sei moi ben de que, pero creo que polo confinamento), principiaban no barrio máis podente de Madrid e agora vanse espallando por outras cidades do estado.
Armado de pota e culler e sempre coa bandeira española, ese é o uniforme oficial de quen acude a esta chamada.
Vaia por diante que cada quen é libre de manifestarse e protestar polo que lle veña en gaña, mais é aquí que eu aínda non teño moi claro que é o que reclaman.
En principio semella que todo principiou cando Madrid non pasou de fase como pretendía a súa presidenta autonómica. É entendible que esta circunstancia cause malestar na xente, ninguén permanece en casa por gusto, mais sendo a capital do estado o principal foco de infección do coronavirus, aspirar a avanzar como outras zonas onde a letalidade foi moi inferior, era facer un brinde ao sol, ou se acaso buscar premeditadamente un entroncamento político.
Sen distancias de seguridade e á hora que lles petaba, os veciños do barrio de clase alta ocupaban a rúa como lles viña en gaña e ollo!, co beneplácito das forzas do orde que acudían, semella máis de colegueo, que para facer cumprir as normas.
A caricatura máis grotesca do pijo madrileño, dos Cayetanos, Cuquis e Borjamaris apareceu como película de Berlanga. Sen complexos, envalentonados, e descubrindo que a rúa é tamén un lugar onde loitar. En coches de alta gama, con roupas de marca e por suposto coa bandeira de España.
Se eu me sentise español e non fose de clase alta, e malia que resignado non me quedase máis remedio, por responsabilidade e civismo, que permanecer na casa, non dubidaría en pedirlles contas a estes patriotas de bandeira española na man e cartos en Suíza, por apropiación indebida.
Agora o movemento indignado expórtase e chega a maís cidades, sempre cos mesmos argumentos e sempre co mesmo uniforme, coa bandeira de España como insignia.
Debemos entender que só é España o que eles representan? Ou é que eles só queren unha España, esa que elimina “rojos” polo civil ou polo militar, a que preserva todos os seus privilexios?
Sexa cal sexa a resposta, mesmo as dúas, son certamente desacougantes. Tutoriais a base de odio para separar a todo aquel que non defenda ese concepto, nunca superado, dunha grande e libre.
Din que o patriotismo é o último refuxio dos canallas. Non o sei, mais creo que os auténticos patriotas, sexa cal sexa o seu sentimento: galego, español, vasco ou catalán; son os que loitan día a día, polo ben común, pola igualdade. Son sempre calados, non necesitan alardes de nada, están avalados pola dignidade e o sentido do deber, e non esquecen os seus orixes e aos seus. E mentres a inconsciencia se apodera das rúas, eles ou maioritarimente elas, sacrifican o seu tempo e poñen en perigo as súas propias vidas en hospitais, supermercados, etc.
Vén de morrer Julio Anguita, un deses políticos que xa non se estilan. O califa de Córdoba fixo non hai moito esta reflexión: “No, algunos no sois fachas por sacar la bandera de España. Lo sois porque sólo la sacáis para oprimir. Nunca os vi en desahucios, o en un comedor social con ella. Este país está pasando por una crisis bestial pero algunos sólo la habéis sacado cuando el soberanismo catalán se ha hecho fuerte. Yo soy andaluz, el sur del sur. Pobres como ratas. Nunca he visto a los supuestos ‘patriotas’ sacar las banderas para pedir pan, trabajo y dignidad. Así que no, no eres facha por tener la bandera. Lo eres porque tu país sólo es la bandera y el himno. Tu ‘gran nación’ cabe en una caja de zapatos”. Pódese ser máis elocuente?


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



