Cervo, a 30 de xullo de 2020. A Inspección de Traballo vén de remitir informe advertíndolle a Alcoa e as auxiliares que non poden descontar do salario do persoal o traballo non prestado o luns 20 de xullo por mor da folga iniciada polos traballadores/as da principal. Deste xeito, a autoridade laboral dálle a razón á plataforma de auxiliares que denunciou o peche patronal imposto por Alcoa ao impedirlle o acceso á fábrica de San Cibrao, alegando que non estaba prevista carga de traballo para esa xornada pola folga.
No informe da Inspección lémbrase que, segundo o establecido no Estatuto dos/as Traballadores/as, se un empregado/a non pode prestar os seus servizos con normalidade porque o empresario se atrasa en darlle ocupación, conservarase o dereito ao salario íntegro sen que poida ademais facérselle compensar ese tempo con outro traballo realizado noutro momento. E indícase claramente que, no caso de que este persoal vexa reducido o seu salario a consecuencia da non prestación de servizos o día 20 de xullo, este feito será constitutivo de infracción administrativa.
A plataforma valora que desta maneira quedan amparados os dereitos dos traballadores e das traballadoras das auxiliares fronte ás pretensións de Alcoa de utilizar a convocatoria de folga na principal “como escusa para parar a produción, reducir a carga de traballo e aforrar cartos a conta do conxunto do persoal”.
A este respecto, subliñan que Alcoa non ten potestade para vulnerar o dereito ao traballo e decidir que persoal pode acudir ou non ao seu posto, lembrando que os operarios/as das contratas e subcontratas non estaban amparados pola convocatoria que empezou o luns 20, xa que para este colectivo a folga indefinida iniciouse o martes 21.
A plataforma chama ao persoal das auxiliares a revisar a nómina de xullo e no caso de detectárense descontos “comunicarémolo de inmediato a Inspección para que tome as medidas sancionadoras oportunas e avaliaremos a posibilidade de levar adiante tamén medidas xudiciais”.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



