Lugo, 8 de xullo de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro esta mañá con membros da Asociación LugoMadera, que reúne aos empresarios da 1ª transformación da industria lucense, e aos que trasladou as distintas axudas para o sector convocadas pola Xunta.
Conde avaliou cos distintos empresarios a situación do sector, destacando o papel do forestal como unha das industrias clave do tecido produtivo galego, responsable de xerar valor e de contribuír á reactivación económica. O conselleiro agradeceu o diálogo aberto e continuo cos principais axentes do forestal, cos que se identificou os retos e desafíos no novo horizonte económico, e cos que se acordaron as medidas correspondentes.
Deste xeito, o titular de Economía, Emprego e Industria informou sobre o programa Emprega Madeira, unha liña de apoio ao sector dentro do Plan de reactivación económica, que permitirá a mobilización de 9 millóns de euros para 170 proxectos de construción e desenvolvemento de produtos en madeira. Estas axudas están destinadas especialmente a particulares, autónomos e empresas, cubrindo o 80% do investimento cun máximo de 25.600 euros de proxectos vinculados á construción e a enxeñería de naves e vivendas.
O conselleiro apuntou ao valor transversal da madeira como produto distintivo de Galicia, establecendo sinerxias con outros sectores (como o sanitario ou o contract) e facilitando a transición cara a unha economía verde, identificando ao mesmo tempo novos mercados e produtos para gañar en competitividade. Neste senso, apelou á necesidade de apostar pola formación para incentivar novos usos da madeira, desenvolvendo iniciativas que habiliten unha maior modernización e diversificación do forestal galego.
A este respecto, lembrou a posta en marcha por parte da Administración autonómica de tres proxectores tractores deseñados para contribuír á reactivación económica, incluíndo unha iniciativa centrada na fabricación de fibras téxtiles (viscosa) a partir de celulosa sobre a madeira.
Sector forestal galego
Conde lembrou o papel central que o sector forestal xoga tanto a nivel autonómico como nacional, onde Galicia é a Comunidade con maior número de cortas, con Lugo representando o 47% a nivel galego. O sector xera máis de 21.000 postos de traballo en Galicia, dos cales o 12% (2.500) desenvolven a súa actividade na provincia lucense.

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



