A Mariña, 23 de xullo, 2020. Ana Isabel Dopico, nada na Mariña e filla dun ex traballador da fábrica de Alcoa, creou unha petición en Change.org/ NoAlCierreDeAlcoa dirixida ao Ministerio de Industria para evitar o peche da fábrica de Alcoa en San Cibrao, de cuxa produción depende a economía de de máis de 100.000 persoas da provincia.
Segundo a creadora de petición as instalacións que ameazan con botar o peche “facturan un terzo do PIB de Lugo. Alí traballan máis de 2000 persoas en postos directos e indirectos”. A pesar de que a pranta é unha das máis eficientes de Europa “pecha porque a tarifa eléctrica é cara en España en comparación con países da nosa contorna”, engade Ana Isabel na petición.
“É unha incidencia moi grande para Lugo pola proporción de habitantes que hai na provincia, máis grande incluso que outros casos como pode ser o peche de Nissan en Barcelona, por iso é tan importante que siga coa súa actividade”, engade a creadora de petición por teléfono, “o meu pai traballou durante anos alí por iso se o esencial que é o traballo que ofrece a planta para as familias dos arredores.”
Ana Isabel trasladouse este xoves ata A Coruña para entregar na Delegación do goberno, as case 70.000 sinaturas recollidas na plataforma change.org e minutos antes falaba en Voces de lugo e A Mariña de RadioVoz
Escoita aquí a conversa