A Mariña, 6 de xullo. Desde a CIG-Ensino A Mariña convidamos ao profesorado da comarca a sumarse á concentración o mércores 8 de xullo ás 11:30 horas en Viveiro, diante do CEP Lois Tobío, na Avenida Martín Ledesma. Esiximos abrir negociacións para o desenvolvemento do curso 2020-2021, negociacións que deben pasar polo aumento do profesorado e a diminución das ratios como principais garantías sanitarias para toda a comunidade educativa.
Esgotados todos os prazos prudenciais que tiña a administración para presentar un Plan de medidas laborais, educativas e sanitarias para o vindeiro curso, xa non queda outra que mobilizarse.
Nestes momentos, a parálise da Consellaría de Educación é unha excepción no marco estatal, despois de que a maior parte das comunidades comezaran as negociacións para un comezo de curso que ten que poder prepararse coa suficiente antelación por parte da administración, das equipas directivas e do profesorado en xeral. Nestes momentos a comunidade educativa e as familias están pendentes e preocupadas ante unha parálise que entendemos que responde exclusivamente a tácticas electorais. Pero o ensino público galego precisa tranquilidade, rigor e planificación e non pode seguir secuestrado e atado polos cálculos e estratexias electorais do Partido Popular.
Chamamos a todo o profesorado galego que o desexe a acompañarnos nesta concentración que como xa dixemos, será este mércores, 8 de xullo ás 11:30 horas en Viveiro, diante no CEP Lois Tobío, na Avenida Martín Ledesma.
Actualización. Concentración na Mariña.
Logo do confinamento decretado pola Xunta polo rebrote na Mariña, e tendo en conta a imposibilidade de desprazamentos fóra da comarca, desde a CIG-Ensino, promovemos unha concentración na mesma data e hora (mércores 8 ás 11:30) en Viveiro.
Para cumprir coas indicacións ditadas pola Xunta, no sentido de evitar aglomeracións na entrada e saída do IES Vilar Ponte, a concentración será diante do CEIP Lois Tobío.
A CIG-Ensino anima á participación en todas as concentracións e actos que se poidan desenvolver polo país adiante
Tamén recibimos información de que nesa mesma data hai algúns centros que convocan concentracións diante de determinados concellos do país, con reivindicacións coincidentes coas que desde hai semanas vén facendo a CIG-Ensino.
Animamos ao profesorado a que participe tanto na convocatoria nacional en San Caetano como naquelas que poida ter máis perto, co obxectivo de rematar coa vergoña de termos unha Consellaría desaparecida e que despreza tanto ao profesorado como ao conxunto da comunidade educativa do país.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



