Ribadeo, 6 de xullo de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que as cousas non se fixeron ben por parte da Xunta de Galicia, tras a publicación onte do DOG no que se decretou o confinamento da Mariña. O rexedor critica que as responsabilidades para controlar o brote de Covid-19 se trasladen aos Concellos, cando hai moitos deles que nin sequera teñen Policía Local. Suárez Barcia pregunta por qué o presidente da Xunta non advertiu aos alcaldes antes desta situación e subliña que na administración galega están nerviosos pola celebración das eleccións autonómicas o vindeiro domingo.
O alcalde ribadense declarou que “estamos empezando, con todo o ánimo e con toda a ilusión, a encarar esta semana complexa desde o Concello e entendo que a totalidade dos 10.000 habitantes que formamos este concello de Ribadeo, enmarcados dentro da comarca da Mariña, imos facelo mellor que poidamos loxicamente para derrotar o virus. Pero quero dicir tamén, ao mesmo tempo, que vaia valor que lle votaron os responsables políticos da Xunta con este decreto que publicaron onte á noite”.
Fernando Suárez manifestou que “agora os encargados do cumprimento de todas estas medidas imos ser os Concellos. É dicir, hai uns meses a culpa era toda do Estado porque non actuaba en tempo e o presidente da Xunta poñíase sempre de perfil, e agora resulta que a responsabilidade do control desta situación vai ser dos Concellos. Como habemos facer os Concellos cando a metade dos Concellos da Mariña nin siquera teñen Policía Local?”.
O rexedor considera que “quizais agora teñamos que preguntarnos porqué o presidente da Xunta, como responsable político da sanidade galega, non nos advertiu desta situación un pouco descontrolada xa desde hai días, cando xa deberían ver o que pasaba nun punto concreto da Mariña, e así poderían confinar un edifico ou dous, un barrio ou un concello se fai falta, pero non toda unha comarca. Que quede claro que non consiste en estigmatizar a ninguén, senón de actuar para que a cousa non vaia a máis”.
Suárez Barcia engadiu que “este venres pasado a Xunta fainos a primeira comunicación oficial mostrando a súa preocupación e pedindo axuda, e onte domingo anuncian o confinamento para máis de 70.000 habitantes dunha comarca. Eu creo que quizais agora lles entraron os nervios porque o domingo hai eleccións pero aquí, máis aló das eleccións, estámonos xogando a saúde e a economía de toda unha comarca”.
O alcalde de Ribadeo subliñou que “a pesares de todo isto, no ámbito das nosas competencias e en todo aquilo que poidamos, habemos facer desde logo o que estea nas nosas mans para irlle gañando a batalla ao virus, pero que as cousas non se fixeron ben por parte da Xunta tamén é certo e tamén hai que dicilo”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



