Santiago de Compostela, 6 de xullo 2020. A candidata á Presidencia, Ana Pontón, reclamou “transparencia e responsabilidade” ao presidente en funcións e candidato do PP ante o rebrote da pandemia na Mariña e pídelle que deixe de “esconderse e de improvisar” porque estamos ante unha cuestión de saúde pública e debe ser a única prioridade: “Ningún interese electoral pode estar por riba da saúde das persoas deste país”, salientou rotunda a líder nacionalista.
Neste sentido, Pontón reclamou transparencia, “que se diga á verdade”, para non repetir situacións de ocultación como as que se teñen vivido noutras crises, -como a do Prestige-, “porque a xente está farta de mentiras” e, neste sentido, propón que se convoque a todas as forzas políticas para dar conta do estado real da situación e tamén ao conxunto da cidadanía. “Non pode pasar neste país é o que vimos co Prestige o coa crise das vacas tolas, este é un tema suficientemente serio e require poñer por diante a saúde, a verdade e unha información transparente ao conxunto do país. Esa é a preocupación do BNG: a saúde e que non se intente enganar a cidadanía”.
Por iso, alegou, “entendemos que a Xunta debe convocar as todas as forzas políticas para darnos información veraz sobre o que está pasando, sobre todo dada a actitude errática, contraditoria e de minimizar a situación que trasladou o candidato do PP, quen pasou de dicir que a situación estaba controlada a confinar a toda unha comarca porque o brote estaba descontrolado”, indicou.
As contradicións e a falta de transparencia do Goberno evidencian, dixo, “un intento descarado por parte do PP por minimizar o rebrote unicamente por interese electoral e non pode ser, porque estamos fartos e fartas de mentiras e non se pode xogar nun tema tan serio como de saúde pública. Feixóo o xoves di que o tema estaba controlado porque eran dous ou tres bares e 72 horas despois se confina unha comarca, basta xa de improvisación e de mentiras. Pedimos transparencia e que se produza cantos antes esa xuntanza para que se nós aclare as forzas políticas e ao conxunto da sociedade o que está pasando. Hai que poñer por diante a saúde das persoas”, afondou.
Pontón lamentou que o presidente en funcións e candidato do PP aínda non se teña posto á fronte e que continúe en modo “escapista” escondido tras o conselleiro de Sanidade cando durante o mando único comparecía a diario nos medios públicos.
“Sorprende que o candidato do PP e presidente en funcións estivese comparecendo case a diario nos medios públicos cando non tiña competencias e agora que ten plenas competencias se esconda detrás do conselleiro. Galiza non precisa un presidente escapista que non da a cara nos momentos difíciles, senón unha presidenta que vai estar ao lado dos galegos e das galegas ás duras e ás maduras e dicindo a verdades”. A conclusión, indicou, “é que as eleccións condicionan as medidas que se están adoptando na Mariña e estou convencida de que se as eleccións non foran o 12X as medidas de confinamento que se terían adoptando sería moi distintas”, denunciou a líder do BNG,
Protocolo para afrontar rebrotes
“Esiximos transparencia e responsabilidade, a que non tivo o Goberno da Xunta cando quixo saír do estado de alarma sen ter un protocolo, sen ter un plan para controlar os rebrotes como demandabamos desde o BNG, tivo catro meses para prepararse para os rebrotes pero o certo é que non houbo ningunha iniciativa, non está publicado no DOG e ningún coñece o protocolo para afrontar un rebrote”, denunciou.
“Esiximos transparencia e responsabilidade porque estamos nun momento no que é necesario que todos os esforzos se coordinen para evitar unha repetición do que vivimos nestes últimos meses”, recalcou, tras destacar o seu convencemento que a actuación do candidato do PP está condicionada pola cita electoral.
Suspender eleccións na Mariña até que haxa garantías
Pontón volveu insistir en que as eleccións na Mariña deben suspenderse até que o rebrote estea totalmente controlado. “O primeiro é a saúde e unha comarca confinada non está en condicións de celebrar unhas eleccións con garantías sanitarias, non se pode obrigar á veciñanza a escoller entre a saúde e o seu dereito democrático a votar e por iso propoñemos adiar as eleccións até que se poda ir as urnas con todas as garantías sanitarias. Dicimos isto sen ningún tipo de alarmismos pero entendendo que o primeiro é a saúde das persoas”, insistiu.
A líder nacionalista volveu ter palabras de ánimo e de apoio para a veciñanza da Mariña, en particular as persoas contaxiadas, ás que lles desexa unha pronta recuperación, e tamén trasladou unha mensaxe de confianza a todas as confinadas. Pide moita precaución e poñer por riba de todo a saúde das persoas que o único que nos deber preocupar cando estamos nunha pandemia.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



