Viveiro, 24 de xullo. Poderase visitar o Museo da Cerámica, con obras de destacados ceramistas de todo o mundo, destacando a Miró, Tapies, Picasso, Emili Galassi, Carmen Perujo, entre outros moitos.
O Museo da Cerámica, contempla dous apartados, o apartado de cerámica artística, onde ademáis dos artistas citados anteriormente, expoñense unas 200 obras de Otero Regal, dende o ano 1968 ata a actualidade.
E na outra parte do edificio, podese ver a historia da cerámica do norte de Galicia, dende a cerámica castrexa a Sargadelos, pasando polo alfarería tradicional. A primeira fabrica que coce en alta temperatura, a de Cucurni en Burela e obras destacadas de ceramistas como Rosa Ramallo, Julia Ramallo, Misterio, Cuiña, Ouro, Manrique, Nacho Porto, Quique Guerra e un longo etc.
E tamén poderase ver unha colección de pezas descatalogadas de Regal Cerámicas e obra de finales dos anos 60 de Otero Regal.
Abre tamén o Museo do Coiro, dado que RegalXunqueira está asentado sobre unha antigua curtiduría, no que se pode contemplar todo o proceso de curtición, a máquinaria que se empregaba para curtir as peles, o muiño de cascara de carballo, etc.
E no Souto das Esculturas, ubicado nos xardins do complexo, atópase unha exposición colectiva onde predominan os bustos de mulleres, realizados en varios materiais. Dende a parte de fóra, dende un lateral dos xardíns podese ver como se elaboran as pezas de cerámica que comercializa Regal Ceramicas.
O horario para visitar os museos é, polas mañans de 10 a 14 h e polas tardes de 16 a 20 h.
Haberá visitas guiadas de lunes a viernes as 12 h e as 18 h, con reserva previa, para ter un control de aforo adecuado a normativa sanitaria actual.
O custe desta visita será de 3 €, importe que se pode descontar na compra que se faiga na tenda.
Os sabados pola maña realizaranse en horario de 11 a 14 h, un curso de iniciación á cerámica, onde todolos participantes realizaran unha peza de ceramica, que unha vez cocida, lles será entregada, esta actividade terá un coste de entre 5 e 10 €, dependendo dos materiais que se empreguen, tamen terá que ser con reserva previa. (982 56 25 89 – ceramica@oteroregal.com)
Os museos de Regalxunquiera están declarados como Conxunto Museístico dende o ano 2010, despois de tres anos de xestións coa Xunta de Galicia
En relación as medidas sanitarias para a loita contra o coronavirus, solicítaselle a tódolos asistentes o uso obrigatorio de mascarilla e desinfección das mans á entrada das instalacións.