Viveiro, 6 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas das medidas que vén de acordar, como complementarias ás decretadas onte pola Consellería de Sanidade da Xunta, pola evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.
Estas medidas foron consensuadas cos voceiros dos grupos políticos con representación municipal na reunión que tivo lugar no día de hoxe, ás 9:30 horas. Aínda que Viveiro non é dos concellos nos que máis casos hai, enténdese que é necesario extremar as medidas de prevención, cumprindo e facendo cumprir as medidas excepcionais establecidas co obxectivo de atallar este brote canto antes.
De momento, segundo os datos que temos, non hai un foco aquí en Viveiro nin hai moitos positivos, pero hai que ter en conta que se están facendo moitos test e que hai moita xente confinada nos seus domicilios á espera de que se lle fagan as probas, polo que é posible que os casos poidan aumentar e, polo tanto, faise necesario adoptar medidas preventivas.
A día de hoxe, segundo información facilitada polo Conselleiro de Sanidade, no Concello de Viveiro hai 6 positivos activos. Consecuentemente, en aras a preservar a seguridade e saúde pública, o Concello de Viveiro vén de acordar as seguintes medidas.
I.-Acordar o peche dos parques infantís e biosaudables municipais.
II.-Acordar o peche das instalacións deportivas municipais.
III.-Acordar o peche da totalidade dos baños públicos municipais, incluídos os baños e duchas existentes nas praias do municipio.
IV.-Reducir o aforo da biblioteca pública municipal ao 50%, establecendo como únicas actividades permitidas na mesma o estudo en sala e o uso dos ordenadores, debendo cumprirse coa distancia interpersoal e aforo establecido.
V.-Limitar a capacidade das terrazas ao 50%, segundo o establecido no punto 3.8.3 do Anexo da Orde do 5 de xullo da Consellería de Sanidade da Xunta.
VI.-Encomendar a Protección Civil e á Policía Local, coa colaboración dos socorristas existentes en cada praia, o control dos accesos e capacidade das praias, co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios, procedéndose ao peche dos areais no suposto en que se detecten aglomeracións, ou incumprimento dos requisitos de capacidade e/ou distancia mínima interpersoal. A efectos de información á cidadanía e para facilitar o control,colocaranse carteis informativos do aforo máximo permitido en cada un dos areais.
Estas medidas complementan as adoptadas na Orde de 5 xullo da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que son na súa totalidade de obrigado cumprimento para o conxunto da cidadanía, apelando dende esta administración á colaboración e responsabilidade de cada un dos veciños e veciñas, xa que se trata de adoptar actitudes responsables para intentar evitar contaxios e conseguir controlar e minimizar os efectos do rebrote actual da enfermidade na Mariña, apelando así mesmo á comprensión das molestias que estas medidas poidan ocasionar na vida diaria dos cidadáns.
Ademais, en virtude do establecido na ORDE do 5 de xullo de 2020, quérese informar á veciñanza dalgunhas das medidas incluídas na mesma:
Limítase a asistencia a velorios e enterros a 25 persoas en espazos ao aire libre ou 10 en espazos pechados.
A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 50% da súa capacidade.
Ás cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civis que se leven a cabo en lugares de culto aplicanselle estas regras de capacidade. Nas celebracións que puidesen ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e restauración deberase respectar un máximo de 100 persoas en espazos ao aire libre ou de 50 persoas en espazos pechado.
Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o 50% da súa capacidade total.
Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 50 % da súa capacidade para consumo no interior do local, que só se poderá realizar sentado en mesa e mantendo a distancia de seguridade. Estes establecementos deben pechar non máis tarde das 23:30 horas, cun período máximo de desaloxo de trinta minutos.
Polo que respecta ao mercado semanal dos xoves, este mantense na súa ubicación temporal actual, tendo en conta que nesta localización conta cunha maior superficie que pemite que poidan colocarse os mesmos postos que ata este momento.
Dende o Concello de Viveiro apélase á concienciación e responsabilidade de cada veciño e veciña para o cumprimento das medidas de prevención establecidas para intentar evitar a produción de contaxios e controlar á maior brevidade posible o actual brote da enfermidade, indicando que tanto a Policía Local como as Forzas e Corpos de Seguridade se encargarán de controlar o cumprimento destas indicacións.
Atendendo á evolución do brote existente na Mariña, faise preciso extremar as precaucións e lembrar que é necesario utilizar a mascarilla sempre, manter unha coidada hixiene de mans e gardar a distancia interpersoal.
Dende o goberno municipal queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade, ao tempo que se solicita ao todos os veciños e veciñas o cumprimento estricto das limitacións e recomendacións establecidas pola Consellería de Sanidade na Orde do día 5 de xuño e por este Concello, mediante decreto, no día de hoxe.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



