Lugo, 9 de xullo de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e candidata ás eleccións autonómicas, Patricia Otero denunciou hoxe que Feijóo segue eludindo as súas responsabilidades, tralo rebrote de Covid na Mariña, cando hoxe coñecemos que aumentaron as cifras de afectados en máis de 20 persoas. Otero acusou a Feijóo “de non exercer as súas competencias, e o que é máis grave, segue eludindo dar explicacións aos veciños da Mariña, cando forma parte da súa responsabilidade e obrigación política”.
A dirixente socialista cualificou “de bastante lamentable a actitude do Presidente en funcións neste asunto, xa que cando quen tomaba as decisións o Goberno de España aproveitaba para facer confrontación co executivo Central. Pero agora que lle toca dirixir este rebrote na Mariña, escolle a saída rápida, eludindo as súas propias responsabilidades, cando a única responsabilidade é do seu goberno que ten competencias neste asunto”, advertiu.
A cabeza de lista ás eleccións autonómicas argumentou que “nunha situación como está non podemos esquecernos dos nosos maiores e especialmente dos que están nas residencias da nosa comarca. A Xunta, como autoridade sanitaria, está obrigada a protexelos e, por iso, esiximos que se adopten as medidas necesarias para detectar e previr os contaxios en todas as residencias da Comarca, con independencia da súa titularidade”.
Reclamamos ao PP que informe do número de persoas afectadas
Otero sinala que “as medidas preventivas para facer fronte a este rebrote deberían terse adoptado xa, por iso reclamamos ao Goberno do PP que informe inmediatamente sobre si hai persoas afectadas polo rebrote nestas residencias. Queremos coñecer si existen casos, e tamén que labores de prevención se están executando para detectalos, e actuar no caso de que fóra necesario”.
Por último dixo que “a Conselleira de Sanidade non pode eludir a responsabilidade que ten sobre a saúde das persoas maiores. Esixímoslle rapidez e eficacia. É necesario e urxente que nin unha soa residencia da Mariña deixe de estar protexida sanitariamente”, resumiu.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



