O Vicedo, 3 de xullo, 2020. Despois duns meses obrigados polas circunstancias, presentamos unhas actividades socioculturais para este mes de xullo onde predominan as actividades de exterior, de natureza, con pequenos grupos e en condicións de seguridade sanitaria, polo que é imprescindible anotarse previamente no teléfono 92 59 01 95. En función da evolución da situación iremos ampliando o tipo de actividades.
-Mércores 8 xullo ás 16:30h. Presentación dos mércores de natureza con
táboas paddle SUP e kayaks pola costa de O Vicedo. Punto de encontro:
Praia de Arealonga. Prezo especial inicio mércores natureza: 10€. Idade
mínima: 10 anos. Máximo 20 participantes. Número de táboas paddle SUP: 5
(máx. 30 min/persoa/táboa paddle SUP)
-Sábado 11 xullo ás 10h: Ruta de sendeirismo Casa da
Cultura-Arealonga-Serantes-Carrexas-Piñeiro-Triscornia-Casa da Cultura.
Aprox. 12km. Máximo 20 participantes.
-Mércores 15 xullo ás 10h. Subida do Río Sor en Kayaks. Saída desde o
peirao de O Vicedo e regreso en furgonetas de Actividades Estaca. Prezo:
17€. Duración 2h. Máximo 20 participantes.
-Domingo 19 xullo ás 10h: Ruta de sendeirismo: Bares- O Barqueiro-Bares.
Aprox. 15Km. Punto de Encontro ás 9:30h na Casa da Cultura do Vicedo
para desprazarse en coches particulares ata o punto de inicio da ruta en
Bares. Máximo: 20 participantes.
-Mércores 22 xullo ás 10h. Ruta de sendeirismo homologada Costa do
Vicedo (PR-G 156). 13,5 km. Saída ás 10h desde o apeadeiro de Feve do
Vicedo para desprazarse en tren ata o inicio da Ruta. Máximo: 20
participantes.
-Mércores 29 de xullo ás 10h. Xeoruta polo entorno de Ponte Segade a
cargo do Xeólogo Fran Canosa. Punto de encontro: Casa da Cultura do
Vicedo. A visita farase en coches particulares. Actividade gratuita e
limitada a 20 participantes.