Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2020. A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia (FSC-CCOO) non comparte a «falta de previsión» coa que a Consellaría de Política Social ten pensado comezar o curso 2020-2021 nas escolas infantís da súa competencia, adscritas tanto á Axencia de Servizos Sociais como ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade. Desde o sindicato lembran que estes centros están sen atención nin persoas usuarias desde o pasado mes de marzo, cando se viron obrigadas a pechar pola declaración de estado de alarma e a emerxencia sanitaria da COVID-19.
CCOO afirma que a Consellaría «improvisa» na reapertura das escolas, prevista para o vindeiro 4 de setembro, xa que non se produciu unha dotación axeitada de medios materiais e humanos, malia as reiteradas peticións do sindicato.
Segundo a FSC-CCOO, para poder implementar o protocolo establecido, cómpre reducir a ratio de nenas e nenos por aula. «Non é de recibo que, na situación actual, se pretenda seguir xuntando vinte menores cun educador ou educadora nas aulas de 2-3 anos, como antes da pandemia», censura o sindicato. Para reducir a ratio é preciso incrementar o número de educadoras e educadores, de xeito que as escolas infantís conten coas denominadas «aulas burbulla».
Así mesmo, para cumprir cos protocolos de desinfección, que implican traballo extraordinario, cómpre reforzar o servizo. Para isto, nas escolas da Axencia deberán aumentar o persoal dedicado a este cometido, mentres que no Consorcio terían que dotarse del.
Así mesmo, a FSC-CCOO tamén denuncia, no caso do Consorcio, a falta de medios de protección «tan básicos» como uniformes suficientes e podelos lavar no propio centro, así como un stock para o persoal substituto.
Por último, CCOO lembra que os edificios onde se localizan as escolas infantís non contan con espazos que poidan utilizarse para dividir unidades, tales como ximnasios ou bibliotecas. Ademais, os patios exteriores non adoitan estar cubertos, polo que en Galicia son «pouco útiles» como lugares de lecer durante boa parte do curso.




















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



