Burela, 26 de agosto de 2020. A Concellería de Servizos Sociais continúa coa campaña de concienciación social por mor do Covid-19. Garda os teus contactos foi presentada esta mañá polo equipo de goberno burelés nas escaleiras da Casa do Concello. Haberá sorteos, a través das redes sociais, e premios para os mellores comportamentos.
Carmela López explica que “nesta ocasión, un equipo de veciños e veciñas de Burela entre os que se atopan sanitarios, veterinarios, deportistas, traballadores municipais, psicólogos, influencers locais e membros de Corpos de Seguridade e do equipo de goberno municipal será o encargado de revisar mans limpas, o bo uso da máscara, a distancia de seguridade… e premiar o bo comportamento dos cidadáns en diferentes zonas e espazos da vila”.
A edil burelesa subliña que “ademais, promoveranse encontros telemáticos con asesores en materia de Covid para que a información chegue tamén desta maneira á cidadanía. Reforzar o aprendido durante estes meses é moi importante para manter a situación baixo control e non paralizar a nosa vila e a nosa comarca de novo. Coidar dos teus, coidar dos nosos minimizando a túa lista de contactos directos, por se nalgún momento es positivo é fundamental. Tes que ter clara esa lista e coñecer a quen habería que rastrear para ser rápidos ante un novo brote. Un contacto directo, segundo define o Sergas, é calquera persoa que estivese no mesmo lugar que un caso, a unha distancia menor de 2 metros (exemplo: convivintes, visitas) e durante máis de 15 minutos sen as medidas de protección adecuadas. E temos que ter claro tamén, que é inviable que esa lista sexa ampla, sería moi egoísta actuar coma se nada pasase”.
Para Carmela López “ser os primeiros, serviu para aprender. Con moito traballo e sacrificio, e sobre todo un traballo en equipo, que foi fundamental entre tódalas administracións e a cidadanía conseguimos darlle a volta ao primeiro brote que tivemos que afrontar na Mariña. Hai que ser optimistas e positivos, pero sen relaxarse nin un momento. Non nolo podemos permitir”.
A concelleira de Servizos Sociais manifesta que “con esta campaña de total cercanía coa cidadanía, que naceu nas redes sociais fomentando o uso da máscara e medidas de distanciamento social, e que agora continuará nas rúas da nosa vila. Tamén se pretende escoitar aos veciños, as súas dúbidas e inquedanzas con respecto á crise sanitaria, para poder mellorar entre todos e afrontar esta situación con unión e conciencia colectiva. A campaña estenderase no tempo incidindo no bo uso das instalacións municipais, espazos públicos, revisión de medidas correctas nas actividades promovidas polo concello, charlas educativas, encontros telemáticos…”.
E engade que “se queres axudar e participar, soamente tes que aprender a convivir co virus aplicando as normas básicas: grupos reducidos, distanciamento social, uso de máscara e hixiene de mans. Esperamos coincidir contigo para poder premiar o teu comportamento. E se non che cadra vernos, segue as nosas redes sociais e participa nos sorteos de camisetas que faremos para unirte á campaña Garda os teus contactos. Porque este virus vencémolo se pensamos nos demais e permanecemos unidos”.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



