Cervo, 26 de agosto de 2020. O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, vén de entregar os premios do X Concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta” nun acto que tivo lugar na contorna do Faro da Atalaia, en San Ciprián, respectando todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
No certame participaron un total de 43 instantáneas e había en xogo tres premios, un primeiro, un segundo e un premio Top Cervo á mellor fotografía sobre algún paraxe do noso municipio.
O primeiro premio e tamén o recoñecemento Top Cervo recaeron na obra o “Embalse de Río Cobo”, de Antonio Herrera Huerta (Fuenlabrada) que sumou 51 puntos do xurado; o segundo premio foi para a instantánea “Vigía” de Iván Alperi López (Noreña) que acadou 50 puntos.
Ademais, desde a delegación de Medio Ambiente tamén quixeron ter un recoñecemento especial coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña pola súa participación en grupo e polo seu compromiso e implicación en todas e cada unha das iniciativas que se programan no noso Concello.
Os premios deste certame tradicionalmente entregábanse coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño, pero dadas as circunstancias excepcionais o Concello decidiu pospoñer o acto ata agora; “Decidimos seguir adiante con este certame tan arraigado xa no noso municipio buscando a fórmula para poder convocalo sendo fieis en todo momento ás recomendacións sanitarias ante a pandemia do coronavirus; e o formato do concurso, co envío telemático das fotografías en formato dixital, facilitounos o poder celebralo”, explicou Méndez.
O certame forma parte dun completo programa de actividades de divulgación e de concienciación ambiental que se ven promovendo ano tras ano desde a delegación de Medio Ambiente en diferentes ámbitos e dirixido ás diferentes franxas de idade; que este ano se viu forzosamente minguado dada a incidencia do COVID-19.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



