Mondoñedo, 3 de agosto de 2020. Os Socialistas de Mondoñedo demandan á Xunta, concretamente á Consellería de Sanidade, que cubra a praza de médico que existe no centro de saúde por mor da xubilización dun sanitario. Así o fixeron a través dun rogo presentado no pleno ordinario, celebrado na Casa Consistorial o pasado 31 de xullo.
“Non podemos consentir que recorten servizos nun asunto tan esencial como a atención primaria. Merecemos unha sanidade de primeira categoría, máxime nunha situación de pandemia como a que vivimos nas ultimas datas”, advertiu a voceira socialista Esperanza González.
Nesta mesma sesión plenaria o Grupo Socialista presentou outro rogo “para que nos parques infantís da cidade se instale un panel informativo sinalando a capacidade dos mesmos, co fin de informar á todos os usuarios destes espazos do aforo de cada parque”, explicou González.
300.000 euros para o Mirador
O Grupo Socialista tamén interpelou ao Goberno para coñecer a data do inicio das obras de acceso ao Mirador de Mondoñedo, que foi cedido pola Deputación de Lugo ao Concello, e onde o organismo provincial realizou unha achega económica de 300.000 euros repartidas en varias anualidades. Hai que lembrar que o propio Concello de Mondoñedo destinou xa no 2019, 150.000 euros deste convenio para mellorar vías en seis núcleos nas parroquias dos Remedios, Viloalle e o Carmen.
E agora con outros 150.000 euros o Concello de Mondoñedo, a través deste mesmo convenio, realizará melloras nos seus accesos. As obras de acondicionamento serán dende o Mirador ao Campo dos Paxariños, ademais doutras obras de acondicionamento no propio edificio como a limpeza dos muros e reparacións puntuais de carpintería, entre outras.
























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



