O 14 de marzo, día no que se declarou o estado de alarma, supuxo entre outros a suspensión de todos os prazos da maioría de trámites do Concello, entre eles a contratación de dúas prazas de administrativx por acumulación de tarefas na área de contratación.
Case tres meses despois de estar os servizos municipais teletraballando e cando o Estado levanta a suspensión de prazos, o Concello retoma a convocatoria desta contratación pola vía de urxencia acurtando os prazos de presentación dando tan só 5 días hábiles para presentar as solicitudes e así, poderíamos pensar que de boa fé, poder axilizar a tramitación e a contratación deste persoal, pero nada máis lonxe da realidade.
Actualmente o proceso continúa en suspenso sen avanzar no procedemento necesario para a selección do persoal. Segundo palabras da alcaldesa no pleno do 5 de agosto, xs funcionarixs desempeñan unha labor máis eficiente teletraballando e a carga de traballo viuse reducida, polo que están valorando se se cancela ou non o proceso de selección, a pesares de que sorprendentemente desde o Goberno Municipal vense fundamentando, de xeito reiterado, a sobrecarga de traballo e escasez de persoal nos servizos de contratación e retraso nos expedientes de licitación pola falta de persoal tècnico especializado para levantar os innumerábeis reparos de legalidade formulados pola Intervención Municipal aos expedentes de pago de facturas nos que se lles advirte da falta de procedemento de contratación e aplicación das regras contidas na Lei de contratos do Sector Público.
O desleixo deste goberno é tal que, a pesares de que a Alcaldesa de Viveiro saíu á présa e correndo na prensa nun intento de xustificar o inxustificábel e de negar o evidente, dous meses e medio despois da nova suspensión do proceso de selección, segue sen ter analizado e valorado se proceden ou non proceden as devanditas contratacións, mentres xs candidatxs a estas prazas continúan sen recibir información algunha ao respecto desta suspensión.
Todo este despropósito organizativo existente nos servizos municipais provocado pola irresponsabilidade do Goberno Socialista, como por exemplo se observa na área de contratación (unha das áreas básicas para o bo funcionamento dos concellos) onde só conta con 2 administrativxs adscritxs a tempo parcial, ou na Secretaría e na Intervención Municipal que exercen a tempo parcial e compartidas con outros concellos, evidencia a necesidade, en tanto non sexan convocadas as oposicións para cubrir as prazas libres existentes na RPT, de poñer en marcha procesos selectivos mediante concurso/oposición para a elaboración de listaxes de contratación de persoal funcionario interino de cara a facer substitucións de forma áxil ou executar programas temporais para poder así ofrecer uns servizos públicos de máxima calidade á nosa veciñanza e non ter que seguir abrindo procesos selectivos pouco garantistas e a destempo, tales como os últimos procesos das prazas de administrativxs e da praza de técnicx de turismo, cuxo período de contratación era do 15 de xuño até o 15 de setembro, pero que a día 26 de agosto seguen sen resolverse.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



