Cervo, a 9 de outubro de 2020. Alcoa comunicaba este mediodía a súa intención de aplicar o ERE para despedir a 524 traballadores/as até o primeiro trimestre de 2021 e deixar a fábrica de San Cibrao sen produción de aluminio primario. Diante desta decisión patronal, o Goberno español e a Xunta de Galiza deben dar pasos decisivos para intervir de inmediato a factoría e garantir que as cubas de electrólise sigan en activo.
“A estas alturas, unha intervención pública vía expropiación (á vista de que Alcoa non quere negociar unha venda) está máis que xustificada e non existe nada na normativa galega, española ou europea que impida esta actuación. É agora cando o Goberno español e a Xunta deben demostrar que teñen vontade política real para nacionalizar a fábrica e defender o mantemento dun sector estratéxico para o noso país como o do aluminio”, asevera o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.
A este respecto, reitera que non se pode seguir perdendo o tempo en declaracións de intencións cando Alcoa xa puxo data para os despedimentos e a parada das cubas. “Os gobernos teñen que actuar coa mesma contundencia e rapidez coa que o está a facer a multinacional”, afirma.
Carril explica que a representación social presentará as correspondentes demandas xudiciais para impugnar o ERE, pero esta vía ten uns tempos máis longos que os prazos marcados pola empresa. Polo que resulta inevitábel a intervención da planta para evitar os despedimentos e que Alcoa acerne de maneira irreversíbel as capacidades produtivas do complexo industrial de San Cibrao.
Así as cousas, a CIG insta a intensificar as mobilizacións e a manter a unidade de acción como único camiño para paralizar os plans de desmantelamento da multinacional e forzar as administracións a actuar coa urxencia e a contundencia que require esta crítica situación.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



