Lugo, 9 de outubro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, responsable directo da área de Xestión Territorial, informa de que esta semana comezaron os traballos de aglomerado na estrada provincial LU-P-2601, no concello de Xove, onde se leva meses traballando para renovar e ampliar o pavimento da vía. Unhas actuacións nas que a institución provincial inviste máis de 270.000€.
Esta estrada que se está acondicionando conecta a capitalidade do concello mariñano co Portiño de Morás, dando servizo á veciñanza das parroquias de Lago e Morás e tamén aos traballadores e traballadoras de varias empresas instaladas nesta zona. As actuacións afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. “Ampliouse o ancho da plataforma, habilitáronse dous carrís de 2,75 metros cada un e afirmáronse as zonas ensanchadas para que agora se puidera pavimentar a calzada con aglomerado en quente”, subliña o Presidente. Estes traballos de aglomerado estímase que xa queden rematados esta semana, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
José Tomé explica que “estas obras comezaron en pleno Estado de Alarma, porque na Deputación non deixamos de traballar nas estradas durante ese tempo xa que consideramos que dende a nosa administración contribuímos a dinamizar a economía provincial, ao mantemento do emprego e á creación de riqueza nestes tempos que foron e seguen a ser excepcionais”. Engade que “con estas obras materializamos un dos principais obxectivos da Deputación, como é mellorar as comunicacións viarias, que son necesarias para verdadeiramente avanzar cara o equilibrio territorial e a igualdade de oportunidades entre toda a veciñanza da provincia de Lugo”.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



