Ribadeo, 17 de novembro de 2020. Do 18 de novembro ao 18 de decembro desenvolverase a campaña Rasca e Gaña de Acisa coa que se pretenden fomentar as compras no comercio local e o consumo na hostalería. En total vanse repartir máis de 1.500 premios entre a clientela dos negocios ribadenses, que son doados polos 87 establecementos participantes nesta cita.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a campaña Rasca e Gaña desenvolvese do 18 de novembro ata o 18 de decembro. Nela participan 87 establecementos tanto de comercio, como de hostalaría e de servizos. Póñense en circulación 15.000 rascas dos que mais de 1.500 conteñen premios”.
Pérez Prada sinalou que “se trata dunha campaña moi interesante para os nosos clientes, con premios moi interesantes, estamos a falar que neses mais de 1.500 rascas premiados hai mais de 30 botellas de viño, mais de 100 ceas/comidas, menús, racións ou merendas, mais de 50 cañas ou copas de viño, mais de 1.200 euros en vales de compra, mais de 100 regalos directos, como xoias, complementos ou cerámicas e mais de 1.100 vales de desconto. Os premios repartíronse de xeito equitativo, e dicir, todas as tendas entregarán polo menos 10 premios e todos los bares ou restaurantes entregarán 30 premios como mínimo. Ademais os premios na súa maior parte serán cruzados, é dicir, comprando nos comercios participantes optarás a agasallos da hostalaría e consumindo nos bares e restaurantes participantes obterás agasallos do comercio”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, subliñou que “presentamos esta campaña co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano que tradicionalmente é baixo. Os premios son moi interesantes e atractivos para os nosos clientes. Saír dun bar cun vale de 20 ou 30 euros para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou cun vale do 10 o 30 por cento de desconto para facer unha compra nas tendas, non se ve todos os días. Ou o revés, ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para casa ou cunha cea”.
Iriarte Quintana agarda que “esta campaña sirva para que os nosos clientes aproveiten e se animen a saír a tomar algo e tamén animen as compras. Seguro que xa hai xente pensando nos regalos de Nadal e ter este incentivo pode axudarlles a compralos en Ribadeo. Este ano, máis que nunca, debemos apoiar o consumo local, nos negocios da nosa vila”.
O xerente de Acisa deu as grazas “especialmente aos 87 establecementos participantes pola súa xenerosidade. Se xuntamos o valor de todos os premios probablemente esteamos ante a campaña mais imporante dos últimos anos. Isto foi posible unicamente grazas a eles, á súa xenerosidade coa asociación, pero sobre todo cos seus clientes. Esta campaña nace cunha clara intención, agradecer en forma de premio a fidelidade que están a ter os ribadenses co comercio e a hostalaría locais”.
O presidente de Acisa indicou que “con este Rasca e Gaña, tamén lle estamos dando as grazas aos clientes que seguen saíndo a tomar algo, a comer ou cear ou aos que piden para levar para a casa, aos que seguen mercando en Ribadeo…. en definitiva estamos dándolle as grazas aos clientes de sempre, aos clientes que están a facer que saiamos para diante nestes meses de restricións, aos veciños e veciñas que están a ser conscientes de que sen eles non podemos tirar para diante”.
Sobre a mecánica da campaña Jesús Pérez dixo que “é sinxela. Por cada compra ou consumición poderás pedir o teu rasca, debidamente selado. Estarán dispoñibles dende este mércores ata o 18 de decembro ou ata fin de existencias en cada negocio. Se resultas agraciado cun premio terás que vir reclamalo ás oficinas de Acisa Ribadeo, na rúa San Roque 57- baixo, de luns a venres de 10:00 a 14:00 ou de 16:00 19:00 para que lles demos o correspondente certificado que o acredita como gañador e posteriormente o recollan ou o desfruten no establecemento correspondente”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



