Lugo, a 23 de novembro de 2020. A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, pon en valor que Lugo volve a ser a provincia galega co maior investimento da Xunta de Galicia por habitante, ao destinar 4.704 euros a cada lucense, fronte aos 4.461 de Ourense, aos 3.430 de Pontevedra e aos 3.633 de A Coruña. A achega que fará a Xunta de Galicia en 2021 a provincia sitúase nos 1.544 millóns de euros, polo que é a administración que máis inviste no noso territorio con diferenza.
Deste xeito, a máxima mandataria do populares lucenses remarca que as contas entregadas esta mañá no Parlamento de Galicia polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, certifican que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo dá continuidade aos compromisos asumidos en materias tan importantes para Lugo como son a sanidade, as infraestruturas ou o medio ambiente. “Son uns orzamentos realistas, que poñen no centro ás persoas, que non soben impostos e prestan unha especial atención á pandemia e á reactivación económica”, afirma Elena Candia.
A este respecto, a tamén deputada autonómica destaca, entre outros, o importante investimento que reciben o Centro Integral de Primaria que se está a construír na cidade, as actuacións na mellora e dotación de servizos no hospital de Monforte e o Plan Director do hospital da Mariña. Pola mesma orde, as partidas consignadas para estes centros son as seguintes: cas 6 millóns para o primeiro, case 2 millóns para o da cidade do Cabe e 300.000 euros para o de Burela.
En materia de comunicacións viarias, o investimento aumenta un 58%. Candia subliña, de forma nomeada, a vontade do Executivo de Feijóo por dar continuidade ao desdobramento do corredor de Nadela-Sarria e a súa conversión e autovía. A esta actuación, na que o treito Sarria-Pobra de San Xillao xa está en obras, destínanse 10 millóns de euros.
Non menos importante, sinala a dirixente do PP, son as previsións da Xunta de Galicia en materia de medio ambiente; cuestión que cobra unha especial relevancia nunha provincia como a de Lugo na que esta área é un potencial económico moi relevante. Neste caso, a presidenta cita, entre outras actuacións, o saneamento e mellora no tratamento e construción de Edares na provincia, como son o caso das de Viveiro, Burela e Foz. A estas tres iniciativas, a administración autonómica achega máis de 8,5 millóns.
Lugo cidade
No caso de Lugo cidade, o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Ramón Carballo, salienta que son unhas contas “xenerosas e comprometidas co municipio”.
O capítulo no que a Xunta de Galcia dedica a maior parte dos orzamentos a cuestións relacionadas con políticas sociais e sanitarias. En total, nestes dous capítulos investirá, máis de 35,4M€ con dous proxectos estrela que son o remate do Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia (5.8 M€) e a construción da residencia de maiores de Lugo (12 M€). Dentro deste paquete de medidas tamén destacan os 2.6 M€ para axudas a dependencia; 2M€ en concepto de gratuídade de garderías; 1.8 M€ de servizo de axuda no fogar ou os máis de 6 M€ para prazas en centros de día de discapacidade, residencia de maiores ou alzhéimer.
Dentro de sanidade figuran tamén partidas xenéricas para reformas de centros relacionadas coa adaptación á Covid (1.2 M€) da que se beneficiará o Centro de saúde da Milagrosa e tamén e hai outra partida xenérica (1.1M€) para redacción de proxectos de novos centros de saúde que se poderá utilizar para todos aqueles nos que se poñan terreos a disposición da Xunta e a cal se pode acoller o futuro Centro de Saúde do Sagrado Corazón.
Outra das preocupacións da Xunta para afrontar os efectos da crise económica froito da covid é a necesidade de captar empresas e crear emprego. Nese senso dende Medio Ambiente, Territorio e Vivenda figura unha partida importante de 4.5M€ para a ampliación da segunda fase do polígono das Gándaras.
Outra partida importante son os 5.8€ para un laboratorio 5G e seguridade de comunicacións, para o centro de emprendemento aeronáutico ou unha central de biomasa xunto coas obras para mellora de eficiencia enerxética do edificio administrativo da Xunta.
Outra consellería que seguen esforzándose por mellorar os centros de ensino da cidade e continúa cos investimentos é a de Educación. Para este 2021 vanse adicar 3.210.000 € para facer obras no San Xillao (1.5M€), ampliación do IES Muralla (300.000 €), facer unha nova nave de taller de madeira do politécnico (980.000 €) e remate do Colexio do Sagrado Corazón (300.000 €).
No ámbito cultural hai un orzamento para a muralla de máis dun millón de euros, así como partidas para restauración da Igrexa de San Pedro (700.000 €), o claustro da Catedral (500.000 €) e para a nova sede do Centro Galego de Arte Contemporáneo (50.000 €).
Canto a infraestruturas e mobilidade destaca 1.5M€ para a estación intermodal e 100.000 € para o plan de transporte metropolitano.
No capítulo de infraestruturas, 500.000 € para o plan Paradai, 300.000 € para a Ronda leste e 60.000 € para eliminar o tapón urbanístico da rúa Fisterra. En materia de vivenda os 800.000 € para rehabilitación de vivendas na Tinería.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



