Foz, 23 de novembro, 2020. O Departamento de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Foz considera que a compostaxe é parte da solución para contribuir a reducción da pegada medioambiental e para mellorar o noso entorno, o noso Concello e o noso Planeta, e está a ser xa un dos eixos de funcionamento da Concellería.
O vindeiro martes 23 de novembro iniciarase a campaña de sensibilización para fomento da compostaxe doméstica e comunitaria no Concello de Foz. Será impartida por dous técnicos que facilitarán información sobre que é a compostaxe, vantaxes que ten realizala, o que se pode depositar nos composteiros e o que non,etc. Entregarán dípticos informativos e estará instalada unha carpa o de 10:30 a 13:30 na praza Conde Fontao.
Esta campaña e parte do Proxecto de autocompostaxe como vía de xestión da materia orgánica a desenvolver no Concello de Foz. Neste caso cun Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Foz continuará nos vindeiros meses desenvolvendo as actuacións para promover a compostaxe tanto doméstica como comunitaria.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



