Sobre o potencial, atractivo espiritual e de percorrido de fe, dos distintos Camiños de Santiago, está hoxe sen discusión fora de toda dubida o seu retorno e beneficio para Galicia. A celebración dos anos santos son o cumio do impacto económico deste fenómeno que nace na Idade Media no Reino de Galicia. Certo é que ao carón do camiño non se impuxo ou non se potenciou un intercambio económico coas rexións que comparten itinerario. A incidencia é no eido cultural e turístico e o intercambio é basicamente nese campo. Mais non podía ser tamén unha cabeza tractor de maior intercambio industrial e comercial? Son escasas as iniciativas que no campo do comercio e da empresa se fan ao carón do Camiño, xa que as administracións galegas, de toda cor, empuxan o paradigma cultural soamente, porén non se podería facer unha feira da sidra da Estrada en Roncesvalles ou un networking de empresas galegas en León?
Mención distinta ten a Ruta da Seda Atlántica que impulsa o xigante mundial da economía dirixido por Xi Jinping, que na base histórica e cultural do Camiño da Seda pretende un forte intercambio económico e de sinerxías, con Portugal como porta de entrada en Europa, tendo Macau un papel singular. Galicia como hub atlántico que sempre foi, está no radar das autoridades chinesas para esta importante estratexia de comercio global entre Europa e o principal estado consumidor do mundo, están Galicia e os nosos dirixentes aproveitando esta situación? Non.
As forzas políticas galegas con centro de decisión en Madrid: PSOE, PP e Podemos están asubiando e vendo pasar unha nova oportunidade para o noso País. A clara aposta de Sánchez e Iglesias pola conexión ferroviaria atlántica de Lisboa e Porto por Madrid e Valladolid demostra que non entenden a importancia histórica de Galicia como conector global, na ruta atlántica de Roma e China e nos Camiños de Santiago. Mentres Feijoo e Caballero debaten sobre as medidas de Ayuso en Madrid, Urkullu reactiva a euro-rexión “Aquitania-Euskadi-Navarra” para a defensa do corredor atlántico.
Mención neste punto ás tímidas criticas das organizacións empresariais galegas, e parabéns sen dubida ao Primeiro Ministro D. Antonio Costa que na cimeira ibérica de Guarda parou os pés a Sánchez explicando que para Portugal o ferrocarril europeo ten que ir vía Porto-Vigo-Coruña.
A que espera Feijoo para facer como Urkullu e defender os intereses de Galicia de forma coordenada con Portugal? Cómpre que Galicia recupere a posición global, que na historia sempre tivo de conectar civilizacións, seremos quen? Ou pasará outro tren rumbo a esa burato negro que é Madrid.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO



















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



