Lugo, 23 de novembro de 2020. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, dixo que “as contas de Feijóo para a provincia de Lugo non saldan as débedas históricas coa nosa provincia”. Tras coñecer a publicación dos orzamentos da Xunta advertiu que “neste documento non hai nin un só proxecto relevante para a provincia de Lugo, por moito que o PP tente incluir nos Orzamentos da Xunta a creación da nova residencia de Maiores de Lugo. Unha obra da que é preciso lembrar, é financiada íntegramente pola fundación Amancio Ortega” .
Asi as cousas Otero cualifica estas cifras como “unha tomadora de pelo aos lucenses”. E prosigue coas suas criticas “seguimos coas mesmas contías de orzamentos pasados, poque nada se fixo, contias que por outro lado son completamente insuficientes. Como por exemplo os 500.000 euros do Plan Paradai, 300.000 para a Rolda Leste Lugo ou os 750.000 euros para o acceso Porto Seco de Monforte de Lemos”, por citar algún.
No que se refire as obras da Edar de Burela contan cunha previsión orzamentaria de 369.000 euros, dun proxecto total que ronda os 9,000.000 euros. “Unha infraestructura prometida xa no ano 2015, e que pon en serio risco a perda dos fondos europeos existentes”, advirte a Secretaria Provincial.
Sobre o desdobramento do Corredor Nadela-Sarria, “as contas de Feijoo xa advirten que este desdobramento só vai chegar a Sarria, e non ata a Monforte de Lemos como inicialmente estaba previsto”.“Esta é a politica do PP, promover infraestructuras en anaquiños. O mesmo ocorre coa VAC da Costa Norte, levan poñendo as mesmas cifras ano tras ano nos orzamentos. Pero a única realidade a día de hoxe é que segue sen executar”, denuncia Otero.
Intermodal de Lugo
No que se refire a Estación Intermodal de Lugo os orzamentos do 2020 tiñan unha previsión orzamentaria para a anualidade do 2021 dun montante de 2.500.000 euros, pero a realidade que hoxe nos amosan as contas de Feijóo é que a contia ascende a 1.530.214 euros. “Polo tanto rebaixou a previsión en máis de 1 millón de euros, estas son as verdadeiras contas de Feijoo para Lugo”, resumiu.


















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



