Viveiro, 26 de novembro, 2020. Viveiro conta cun gran patrimonio natural, histórico e arquitectónico que parece estar condenado ao olvido, sen potenciar a súa posta en valor coa consecuente perda social e económica. Patrimonio arquitectónico como, muíños, pontes de pedra, minas, camiños… Así como patrimonio natural no que atopar fragas, ríos, fervenzas, penas, soutos… Patrimonio que na gran maioría conta con camiños de acceso e rutas xa creadas polos e polas amantes do sendeirismo e outros deportes, como correr ou bicicleta. Rutas e camiños que, cunha sinalización axeitada e a súa correcta difusión, axudarían a xerar rutinas e hábitos saudábeis para a veciñanza como tamén as tan necesarías alternativas de ocio para a nosa xuventude.
Paraxes e camiños que hoxe en día non contan con sinalización nin o mantemento do trazado polo que tan só unha pequena parte da veciñanza, que sabe cómo chegar, pode desfrutar da potente rede de rutas que ten o noso concello como o Monte Castelo, Silvarosa, San Roque, Penedo do Galo… E como bo exemplo temos a Ruta da Auga, iniciativa de Terras de Viveiro, que desde a súa creación permiteu a moita veciñanza coñecer a historia da primeira traída de auga en Viveiro.
Coa incorporación destas alternativas de ocio en Viveiro, enriqueceríase o abano de actividades en Viveiro contribuíndo de maneira real a desestacionalizar o turismo, nunha época Covid, na que é imprescindíbel potenciar actividades de ocio ao ar libre e sen aglomeracións.
Polo anteriormente exposto, o BNG de Viveiro propón para a súa aprobación en pleno os seguintes ACORDOS:
Crear un apartado na páxina web do cocello -ou nunha nova páxina web- na que se recollan rutas, tanto a pé como en bicicleta, mostrando niveis de dificultade, distancia, tempo aproximado, etc.
Que estas rutas esteñan dispoñíbeis nas diferentes plataformas dixitais GPS máis utilizadas na actualidade, tales como Wikiloc, Google Maps, etc.
Elaborar un folleto no que se recollan as rutas para estar dispoñíbel na Oficina de Turismo, dependencias municipais, etc.
Destinar unha parte dos vindeiros orzamentos para o mantemento e sinalización destas rutas, con elementos sustentábeis e acordes coa contorna.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



