Mondoñedo, 3 de novembro de 2020. O Grupo Socialista de Mondoñedo preguntou na pasada sesión plenaria, celebrada o 31 de outubro, polo procedemento que vai seguir o Concello para a venda da Casa de Cabanela. Segundo consta na plataforma do perfil do contratante realizase mediante pública subasta e procedemento aberto, da totalidade das fincas pertencentes ao edificio sito en Avda. San Lucas núm. 9, Mondoñedo. O Concello de Mondoñedo adquiriu o inmoble en escritura pública autorizada polo notario Marcelino Estévez Fernández o día 25 de outubro de 2019. Dita adquisición tiña coma finalidade a implantación de servizos sociais no inmoble. A licitación fixase en 455.271,50 euros que poderá ser mellorado á alza.
O Concello de Mondoñedo adquiriu este inmoble a través dun convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo por un importe de 450.000 euros, que o Concello ten que devolver en oito anualidades de 56.250 euros. O Grupo Socialista lembra que se opuxo á compra deste inmoble, xa que o Concello non precisaba dun edifico destas características, tal e como agora comprobamos, nin é unha competencia municipal atender estes servizos, ademais de que o propio Concello dispón dun edificio nesa mesma rúa.
Nesta mesma sesión plenaria tamén interpelaron ao goberno municipal sobre os problemas de cobertura da telefonía móbil e internet en Estelo e Tronceda, e no que os propios veciños tiveron acudir á Valedora do Pobo para que foran atendidas ás súas demandas. E que segundo nos transmiten a dia de hoxe xa están solventados.
Documentación pendente dende fai 4 meses
O Grupo Socialista tamén rexistrou un rogo para que lle fose entregada documentación que solicitou o pasado 1 de xuño de 2020, con número de rexistro 1479, no que solicitaba copia de 3 expedientes, que 4 meses despois aínda non fora entregada, e que foi facilitada esta mesma semana do pleno.
Por último a Voceira Socialista, Esperanza González trasladoulle ao Alcalde á necesidade de colocar nos parques infantís “un panel coas normas de seguridade que inclúa xel desinfectante, para poder dispoñer del nestes espazos”.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



