A Mariña, sábado 5 de decembro de 2020. Os Orzamentos Xerais do Estado para 2021 discriminan negativamente a Galiza e á Mariña, como se puido comprobar esta semana na votación das emendas ás contas estatais no Congreso, donde o BNG levaba propostas necesarias e urxentes para a comarca, por valor de 14 millóns de euros, ademais da petición de concrección nos orzamentos dunha partida para a intervención pública de Alcoa.
A comarca da Mariña presenta un importante déficit en materia de infraestruturas desde hai varias décadas, un feito constatado e denunciado en moitas ocasións pola sociedade mariñá e polo BNG e que nestes orzamentos non van ser recollidas.
Quen ningunea A Mariña non pode recibir o apoio do BNG
“Os sectores económicos e produtivos da comarca sufren día a día as consecuencias do abandono a que os diferentes gobernos do Estado someteron e someten a esta comarca. E unha vez mais, agora o goberno de Psoe e Podemos, volven a marxinar A Mariña, facendo oidos xordos non só as demandadas do BNG, senón ás demandas da sociedade mariñá”.
Nestes termos expresouse a responsable comarcal do BNG mariñao, e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, que tamén incidíu na necesidade urxente do inicio da A-74, pola que se leva esperando mais de dúas décadas, que conta cun orzamento para a súa execución de mais de 240 millóns de euros, pero para a que só hai consignada a cantidade testimonial de 400.000€ nos orzamentos do 2021, e manifestou tamén que “A Mariña non pode ser ninguneada unha vez mais nos orzamentos do Estado, e temos destacados exemplos de ninguneo no caso da A-74, e mais na negativa a incluiren ningunha partida para a intervención pública de Alcoa, por eso no Bng temos claro que quen ningunea a esta comarca non pode ter o noso apoio para aprobar estes orzamentos”
O Goberno Psoe-Podemos non contempla nos Orzamentos a intervención Pública de Alcoa.
Hai tan só unhas semanas que o BNG presentara no Congreso unha iniciativa para a Intervención Pública de Alcoa sendo apoiada polos partidos que ostentan o goberno do Estado, Psoe e UP e tamén polo PP, que ostenta a presidencia da Xunta. E cando chega o momento de actuar e consignar partidas nos orzamentos para a intervención Pública de Alcoa (única posibilidade para salvar este sector estratéxico e salvar miles de postos de traballo), o goberno desenténdese deste grave problema que podería supoñer un desastre industrial para A Mariña e para Galiza.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



