
SAMSUNG CSC
Burela, 12 de decembro, 2020. Grandes sensacións para chegar á final four da Copa da Raíña (Málaga, 18-20 de decembro). O Pescados Rubén Burela arrebatou o liderado esta tarde a Melilla Sport Capital Torreblanca na súa casa (1-2), na xornada 9, como ecuador da competición do Grupo B de Primeira. Con 19 puntos, as da Mariña poderán reafirmar a primeira praza, poñendo o broche definitivo a esta primeira volta o día 27 (12.00 horas), coa visita de Intersala Promesas a Vista Alegre, recuperando a xornada 2.
As Guerreiras puxeron o dominio e o perigo e as locais, a defensa e o contragolpe, nun encontro de ritmo trepidante. A porteira xogadora decidiu o resultado, con empate das galegas na continuación e iniciativa nun erro de pase melillense con esa mesma aposta. Coa importante vitoria baixo o brazo, agora a preocupación está en Peque, que tivo que retirarse da pista por molestias nunha coxa, á espera das probas pertinentes.
O Melilla conseguiu adiantarse á contra no minuto 5, cun pase de Lydia a Emily, pegada ao segundo pau. Jozi estivera moi atenta segundos antes precisamente ante a mesma xogadora. Quixeron recuperar táboas as Guerreiras apertando. A Ale de Paz fóiselle fose a recuperación de Peque; avisaron Dany e Cilene e pouco despois volveu a de Neda para estrelar o esférico contra o pau, asistida por Dany. Sobre o ecuador, Sara estivo moi acertada para manter a renda en dúas ocasións mariñás. A meta local gañou no man a man con Dany tras unha gran chegada pola banda e volveu frear as arremetidas galegas nun disparo afastado de Cami. Rozou o segundo, acto seguido, o Melilla, cun pase longo a Emily, que se lle foi desviado. Bia e Thais puxeron o perigo nos últimos segundos, pero o tempo de descanso chegou co axustado 1-0.
Apostou o conxunto de Julio Delgado por porteira xogadora no minuto 24 cunha presión asfixiante. Unha perfecta diagonal de Cilene a Lara Balseiro serviu para devolver as táboas para as galegas, no 25. Bia a punto estivo de volver adiantar o Melilla pero o disparo fóiselle demasiado cruzado (minuto 28). Antes de chegar á medianía do segundo acto, Marcio Santos tamén optou por xogo de cinco e, con todo, a recompensa foi para Burela, cun autogol de Thais nun erro de pase na súa propia área. Tras a anulación dun gol irregular para as locais de portería a portería, na recta final, Jozi salvou as Guerreiras en dúas prodixiosas intervencións, cunha escuadra moi sólida en defensa que soubo como manter a salvo os tres puntos, provocando a primeira derrota melillense.
Ficha técnica
Melilla Sport Capital Torreblanca: Sara, Emily, Lydia, Bia, Thais, cinco inicial; tamén xogaron Fernanda, Julia, Maldonado
Pescados Rubén Burela FS: Jozi Oliveira, Cristina, Peque, Cami, M. Cortés, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cilene, Ale de Paz, Bea Mateos, Lara Balseiro, Elena Aragón
Goles: 1-0, minuto 5, Emily; 1-1, minuto 25, Lara Balseiro; 1-2, minuto 30, Thais ( p. p.)
Árbitros: Ortega Prado // Zoher Mimon. Por Burela amarela para Leti (minuto 14), Peque (minuto 16), Ale de Paz (minuto 40)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Primeira División Feminina disputado no Javier Imbroda de Melilla.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
