Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na presentación por videoconferencia da Rede de Observadores do Medio Mariño Galego (Redogal), unha ferramenta impulsada pola Xunta que ten como obxectivo principal detectar e avaliar a presenza de especies mariñas non habituais no litoral galego que poidan ser indicadoras de cambios ou alteracións no ecosistema mariño ocasionados por factores como a introdución de especies exóticas, o quecemento das augas, a acidificación dos océanos ou a contaminación mariña.
Esta rede, que parte do concepto de “ciencia cidadá”, pretende involucrar ao conxunto da sociedade no seguimento e vixilancia do medio mariño mediante a alerta e comunicación de achados de especies raras ou non habituais nas costas da comunidade. Cubrindo un simple formulario no portal web ou na aplicación móbil de Redogal, calquera profesional ou afeccionado ao mar -pescadores profesionais ou deportivos, mergulladores, técnicos mariños, xestores de parques nacionais e reservas mariñas, científicos, investigadores ou turistas, entre outros moitos- pode informar dos seus achados. O encargado de avaliar esa información será persoal experto da Consellería do Mar, que publicará as especies como un novo descubrimento en caso de que así sexa e ampliará o catálogo de especies rexistradas nas costas galegas.
A titular de Mar salientou que este proxecto pretende poñer máis luz á inmensidade das profundidades do mar de Galicia e indicou que será un gran aliado no desenvolvemento dunha política de conservación da biodiversidade e do patrimonio natural acorde co tecido mariño así como para coñecer a súa distribución e abundancia.
De feito, Redogal aspira a recoller tanto a presenza de especies pouco frecuentes como alteracións nas especies xa coñecidas -como cambios na distribución, abundancia, malformacións ou presenza de parasitos- para establecer un rexistro histórico co que analizar e predicir os danos potenciais sobre os ecosistemas e elaborar plans de xestión eficaces. A dispoñibilidade de maior información contribuirá tamén a mellorar a protección e conservación dos ecosistemas así como a crear unha base de datos pública sobre a biodiversidade mariña coa incorporación de novas especies ao Inventario da biodiversidade mariña de Galicia. Proxecto Lemgal.
Esta acción, destacou a conselleira do Mar, segue a liña iniciada hai dez anos de apostar pola cogobernanza, tendo en conta o saber da comunidade científica, a experiencia do sector e a visión da Administración para garantir o coidado dos recursos e asegurar o mantemento da actividade pesqueira para as xeracións futuras. “Só involucrándonos na cultura do común seremos capaces de atopar unha forma de goberno sostible, o paso máis importante para acadar a estabilidade a longo prazo do noso mar”, subliñou Rosa Quintana.
A ferramenta Redogal
A Rede de Observadores do Medio Mariño Galego conta cunha plataforma dixital formada por unha páxina web e unha aplicación móbil nos sistemas operativos iOS e Android que é de balde. Esta ferramenta estrutúrase en módulos cun apartado para o perfil do usuario que rexistra ou identifica as especies, un mapa-visor dos achados identificados previa validación técnica, unha guía de identificación de especies mariñas -con fotos e textos que axudan ao usuario-, un apartado co protocolo de recollida da información e dos exemplares e outro coas novas máis relevantes sobre os principais descubrimentos, para manter informados aos cidadáns en todo momento.
Ata agora hai documentadas nas augas atlánticas de Galicia arredor de 6.400 especies mariñas -fronte ás 11.000 rexistradas no conxunto das augas españolas-, unha cifra que mostra a elevada riqueza e complexidade dos ecosistemas mariños da comunidade e da necesidade do seu estudo e conservación, un obxectivo no que Redogal terá un papel chave.



















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



