Mondoñedo, 8 de xaneiro de 2021. O Grupo Socialista de Mondoñedo advirte que “o proxecto de renovación da Praza da Catedral non contribúe a mellorar a funcionalidade da praza, senón máis ben todo o contrario, reduce a visibilidade da súa fachada, rompe a harmonía arquitectónica e as novas pedras de cantería empobrecerían a praza”.
Os socialistas rexistraron un escrito no Concello de Mondoñedo no que analizan a súa postura con respecto a este proxecto. “Por unha banda coa ampliación do cantón vaise reducir a visibilidade e amplitude da praza, así como a funcionalidade da mesma, coa considerable redución do amplo espazo do que podemos desfrutar actualmente”, sinala a súa voceira Esperanza González.
Tal e como se sinala no proxecto, no que se refire a colocación de pedra nova que se require para mover a balaustrada, “entendemos que vai romper a harmonía da praza xa que son pedras completamente novas, ademais ese material será cortado con máquinas, como xa ocorre actualmente con diversas actuacións que se fixeron nesta mesma balaustrada. E tal como se pode comprobar aínda hoxe a praza se resinte desta actuación”.
No que atinxe á ampliación do cantón grande e da balaustrada. “Segundo os planos a praza pasaría de ter de 1.721,27 m2 actuais a 1.529,17 m2 co proxecto modificado. Reducir estes metros á praza da catedral, en ambos sentidos, afectaría sensiblemente á visión global da praza. E ao mesmo tempo mermaría a función da praza con menos espazo, quedando unha praza máis encaixada”.
Tamén queremos sinalar que “nos parecen positivas e necesarias, as obras de saneamento no trazado de rúa que existe entre Calenda (antiga libreria Alvite), que propón o Concello, xa que tal e como comprobamos é unha zona de pequenas inundacións cando hai fortes choivas, pola falla de canalizacións. Outra medida que valoramos positivamente é o peche á circulación, dentro da Praza, nos meses de verán xa que contribuiría a mellorar o entorno deste espazo”.
Uso dos novos espazos
Sobre os usos dos novos espazos coa proposta da ampliación hai que remarcar que “neste proxecto non queda claro quen vai ocupar os novos espazos que se crearán no entorno, por exemplo coa ampliación do cantón. Si este espazo vai ser para os peóns ou para colocar mesas?. Tampouco queda claro onde van colocar os taxis?”, advirten.
Concurso de ideas
Por último, “entendemos que un proxecto desta envergadura, nun entorno tan relevante como é a Praza da Catedral de Mondoñedo, Patrimonio da Humanidade, debería contar con máis propostas, a través dun concurso de ideas con profesionais especializados neste tipo de actuacións. Nesa liña queremos lembrar que o Concello de Mondoñedo conta tamén cunha oficina de Rehabilitación, polo tanto sería convinte escoitar a súa visión sobre este proxecto, e que proposta ofrecería sobre esta rehabilitación”.
Afectados non coñecen o proxecto
O Grupo Socialista de Mondoñedo contrastou este proxecto con arquitectos da nosa Comunidade, que non aconsellan esta intervención. Ademais tamén mantivemos contactos con propietarios das vivendas da afectadas por estas obras situadas na Praza da Catedral, que din descoñecer o proxecto.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



