Barreiros, 25 de febreiro de 2021. O Concello de Barreiros vén de aprobar en pleno a proposta do goberno municipal de realizar un obradoiro de emprego destinado a menores de trinta anos centrado na dixitalización de arquivos e a formación medioambiental. “Trátase, en parte, de revalidar a colaboración que iniciamos xa neste ano co obradoiro Vencellos de Memoria, no que rapazas e rapaces de ambos concellos traballan na dixitalización e organización de arquivos e material municipal”, explica a alcaldesa de Barreiros.
Nesta ocasión, a proposta diversifícase para incluír un módulo de formación no ámbito do patrimonio natural, de xeito que se complementa o coñecemento do municipio non só desde o punto de vista cultural e histórico que aportan os arquivos, senón tamén desde o punto de vista do territorio e a diversidade natural.
Ana Ermida explica que esta aposta pola formación no patrimonio natural se encadra “dentro dunha estratexia de traballo en diversos eidos, como pode ser o turístico ou o deportivo, para a posta en valor e o aproveitamento da gran riqueza natural que existe en Barreiros, algo que para este goberno municipal é prioritario”.
O obradoiro, que contará con formación e práctica profesional, vai dirixido a menores de 30 anos de ambos municipios que figuren como demandantes de emprego e cumpran coas características para acceder ao programa de emprego xuvenil. Entre os dous módulos que se impartan formarase a un total de 16 persoas que se repartirán entre os concellos de Barreiros e Ribadeo.
A alcaldesa agradeceu a disposición de colaboración do Concello de Ribadeo na xestión dos obradoiros que permiten que a mocidade barreirense poida acceder a formación específica e diversa e coñecer o seu propio concello. E reitera a aposta do goberno municipal de Barreiros pola permanente colaboración entre administracións para poder ofrecer servizos e oportunidades á veciñanza que un Concello coma Barreiros, en solitario non podería ofertar.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



