Burela, 18 de febreiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, lamentou hoxe que as axudas da Xunta para os sectores afectados polo peche chegan “tarde, mal e arrastro”. Así o dixo durante unha visita ao concello de Burela, onde mantivo un encontro co alcalde, Alfredo Llano, antes de reivindicar un “gran pacto para recuperar a área sanitaria da Mariña”.
O líder dos socialistas galegos criticou a lentitude do goberno galego á hora de liberar fondos para os sectores pechados pola situación sanitaria, e reclamou que “no mesmo DOG no que se publican as restricións se inclúan as axudas” económicas. Lembrou que a Xunta recibiu o ano pasado 224 millóns de euros para compensar a estes sectores, ademais de máis de 1.100 millóns extraordinarios para reforzar os orzamentos de 2021.
Sen embargo, estas contías non chegaron aínda aos comercios, hostaleiros ou instalacións obrigadas a pechar dende o pasado 26 de xaneiro logo da estratexia errada do presidente da Xunta. O empecinamento de Feijóo en “salvar o Nadal”, explicou, foi errado e acabou provocando a suba dos contaxios, o que derivou nun nivel de restricións acentuado para frear á curva de contaxios.
Os milleiros de negocios afectados polo peche dende hai semanas, e que terán que seguir pechados, dixo, tiveron sen embargo que aguantar todo o que vai de ano “sen o segundo paquete de medidas da Xunta”, e tiveron que agardar ata hoxe para ver as primeiras axudas publicadas no DOG.
ÁREA SANITARIA DA MARIÑA
Aproveitando a súa visita á Mariña, unha bisbarra na que tamén estará en Foz, Ribadeo e Mondoñedo, Gonzalo Caballero fixo un chamamento dende Burela a un “gran pacto para recuperar a área sanitaria da Mariña que demandan os alcaldes e alcaldesas da Mariña xunto cos veciños e veciñas”. Chamou a restaurar esta área suprimida por decisión unilateral do goberno galego que provocou un deterioro da calidade da atención sanitaria para milleiros de familias.
Resumiu que “non queremos seguir vendo como retrocede a calidade asistencial nos centros de saúde da Mariña, mentres o Hospital perde servizos e capacidade de atención aos cidadáns e cidadás da Mariña”. Sinalou á supresión da Atención Primaria polas tardes nos centros de saúde ou o retroceso no Servizo de Cardioloxía como dous exemplos dos recortes asestados polo goberno de Feijóo á sanidade pública.
O líder dos socialistas galegos reclamou un esforzo para a contratación de persoal sanitario e a posta en marcha dun catálogo de servizos sanitarios que garantan orzamentos para o Hospital da Mariña.
Pola súa banda, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ratificou a demanda dos socialistas galegos “agora e sempre” para recuperar a Área Sanitaria da Mariña e reivindicou o esforzo realizado polos concellos galegos para minimizar as consecuencias da crise derivada da covid, atendendo ás necesidades dos veciños e veciñas e á situación económica dos negocios.
Sinalou que o Concello vén de rematar co proceso de vacinación dos traballadores e traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar -SAF- e confirmou que o Concello está traballando para poder vacinar a todos os colectivos.
PLAN DE VACINACIÓN
Ao fío disto, o secretario xeral do PSdeG esixiulle á Xunta que garanta un proceso de vacinación “transparente, eficiente e rigoroso” e que garanta que “as vacinas se distribúan en función da vulnerabilidade das persoas e non de se alguén ten moitos cartos ou non”.
Caballero acusou ao presidente da Xunta de “mirar para outro lado” fronte ás irregularidades na vacinación da alcaldesa do PP en Boimorto, da responsable de DomusVi ou os casos denunciados en Pontevedra e na Mariña de Lugo.
Finalmente, en resposta a preguntas dos xornalistas, o máximo responsable dos socialistas galegos confirmou “toda a presión” para que “Alcoa teña futuro”, como amosa o feito de que o goberno de España pon á SEPI “a disposición dos intereses dos traballadores” para conseguir un novo inversor para a planta de San Cibrao.
Reclamoulle á Xunta que “traballe firmemente” e exerza as súas competencias en materia industrial ante unha presión “inadmisible e inxustificada” por parte de Alcoa, antes de sinalar que “non nos vale ningún acordo que non pase polo mantemento do emprego e da actividade industrial” na Mariña.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



