Ribadeo, 25 de febreiro de 2021. No vindeiro pleno extraordinario do Concello de Ribadeo darase conta da renuncia de Jesús Mundiña como edil de Medio Rural, que deixa o cargo por razóns persoais. Os seus compañeiros do equipo de goberno agradécenlle todo o traballo desenvolvido nestes dous anos.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou que “neste pleno darse conta da renuncia do concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña Acebo, que deixa o cargo por motivos estritamente persoais”.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para Mundiña: “temos que agradecerlle o traballo desenvolvido ao longo de camiño de dous anos, nos que estivo ao fronte da Concellería de Medio Rural, ocupándose de cuestións como os camiños, o saneamento, os alumeados rurais, o sector forestal ou a rozadora, e ademais estivo en contacto directo e diario coa veciñanza para poder coñecer de primeira mao as súas necesidades”.
Suárez Barcia subliñou que “foron meses de intenso traballo, xustamente no momento máis complicado da pandemia que todos sufrimos no seu momento e seguimos a sufrir, e que fai todo máis difícil e máis costa arriba. É polo que desde o equipo de goberno, todos nós, Mariluz, Pilar, Mónica, Jorge, Pablo e máis eu lle queremos dar as máis expresivas grazas e recoñecer o seu labor durante todo este tempo”.
O alcalde engadiu que “xa será no vindeiro pleno de marzo cando se faga efectiva a toma de posesión da acta de concelleiro da nova persoa que o substitúa”.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



