Burela, 3 de febreiro de 2021. O alcalde, Alfredo Llano, lembrou que a nova Edar está comprometida pola Xunta de Galicia desde o ano 2014 e que sete anos máis tarde aínda está en fase de redacción o proxecto executivo. O rexedor cualificou de puro sainete a resposta dada por Augas de Galicia ao parlamentario José Manuel Balseiro na xornada de onte, instando a Costas a axilizar os trámites para a depuradora de Burela. Llano pensa que están tentando xustificar que a nova Edar non estea rematada en 2023 e pide que os traballos se acometan o mellor e o antes posible.
Alfredo Llano dixo que “esta Edar foi comprometida xa no ano 2014 pola Xunta de Galicia para realizala o antes posible, estamos a 2021 e aínda están sen facerse certas cousas que son tremendamente necesarias, como é o proxecto executivo que aínda está en fase de redacción, espero que estea xa en redacción e non en licitación, e despois a obra complementaria que é necesario facer para o sumidoiro”.
O rexedor manifestou: “o que observei é que din que se algo ía mal era por culpa dunha administración terciaria, como por exemplo Costas do Estado ou a Deputación, cando realmente o compromiso único e claro é da Xunta de Galicia. Entendo que deben traballar para realizar esta obra, que é moi necesaria, porque un concello como Burela ou calquera da Mariña e de Galicia deben ter xa esta dotación porque o medio ambiente esixe este tipo de instalacións e facelas o antes posible, de acordo sempre coa normativa que agora se está aplicando da Unión Europea. Polo tanto, estráñame que fagan este tipo de actuacións, que ás veces daba o aspecto de que era un puro sainete, para xustificar que ao mellor non se pode realizar no prazo que queda, que con todas as prórrogas tería que estar rematada no 2023. Hai que lembrar que hai unhas axudas moi importantes da Unión Europea, esta obra esta taxada en 9 millóns de euros dos que o 60% son aportados pola Unión Europea e o 40% pola Xunta de Galicia. Vexo que se falaba de que Costas complicaba tremendamente a realización da obra e aquí o único que se fixo por parte da Xunta de Galicia foi solicitar, hai tempo xa, unha avaliación ambiental”.
O alcalde subliñou que “Costas respondeu a isto en setembro de 2019, non como di a Xunta que foi en marzo de 2020. Aí as recomendacións que se dan a Augas de Galicia, para instalar a Edar no porto de Burela, é que se cumpra coa normativa e que o emisario estea a uns douscentos metros da praia por exemplo do Portelo para que non poida contaminala. O único que di Costas é iso, de acordo cos datos que lle pasan, para nada di que non se poida facer de acordo coa pretensión da Xunta de Galicia. Hai documentación para verificar que Costas está para apoiar e non para poñer pegas, pero entre as administracións hai que cumprir a normativa. Ademais esta é unha esixencia extraordinaria na cuestión do medio ambiente, hai que procurar non molestar nin ás especies, nin ao entorno, nin ao medio ambiente, nin aos bañistas. Polo tanto, hai que ser rigorosos e facer as obras moi ben feitas”.
Alfredo Llano asegurou que “eu non noto para nada que vinculen a obra a certas esixencias. O que si esixen é que unha vez que teñan feito o proxecto executivo, que supoño que estarán xa con el, que o manden a Costas para poder avalialo. Nese proxecto executivo si que debe haber a xustificación de onde vai a Edar e como deben facerse as obras complementarias. Eu falei con Costas para que, unha vez que reciba ese proxecto executivo, se dean presa en contestar para poder cumprir os prazos, pero hai que ter en conta que os prazos van moi diluídos derivado do pouco apuro que se deron desde a Xunta, porque despois de sete anos estar aínda pensando en como vai ser o proxecto executivo é un pouco difícil de entender. Imos procurar entre todos facer a obra o mellor e o antes posible, e de acordo cos prazos. Hai que ter en contra que o contrario sería unha desculpa. Entendo que esta é unha obra merecida e necesaria para a veciñanza de Burela, e que esteamos todos á altura das circunstancias e fagamos o que teñamos que facer, co rigor e a responsabilidade que nos corresponde a todas as administracións, pero que non andemos pasando a bola de que isto non incumbe cando non é certo”.
O alcalde engadiu que “se falou de que non había respecto institucional. Eu ao señor Balseiro, cando era delegado da Xunta, téñolle dito moitas veces que tíñamos que ir conxuntamente na marcha da Edar de Burela e non moveu un so fío para isto e onte sae botándolle as culpas a terceiras administracións. Isto é o que non pode ser, quítanos mérito na política e sería moito mellor que todos estivéramos apurando para que a Edar de Burela sexa unha realidade o antes posible”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



