Burela, 22 de febreiro de 2021. O Concello de Burela convoca o proceso de selección dun oficial de primeira-albanel para a Área de Obras a través do Programa de Fomento de Emprego incluído no Plan Único da Deputación de 2020.
O edil burelés Ramiro Fernández Rey, sinalou que “as bases e a convocatoria aparecen publicadas no Boletín Oficial da Provincia de hoxe. A duración do contrato será de seis meses e o prazo de presentación da documentación requirida será de cinco días hábiles contados desde mañá, martes”.
Entre os requisitos que deben os aspirantes figuran: acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto; ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa; estar en posesión do certificado de escolaridade ou título equivalente ou superior; non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das as administracións públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial; non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente; estar en posesión do permiso de conducir tipo B; e ter a condición de persoa desempregada ou en situación de mellora de emprego.
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello de Burela de 9 a 14 horas ou vía telemática as 24 horas. Nas bases atoparán información coa documentación requirida así como sobre a admisión de aspirantes.
O sistema de selección é o de concurso-oposición.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



