Burela, 11 de febreiro de 2021. O alcalde, Alfredo LLano, demandou, nunha xuntanza telemática que mantivo con responsables de Adif, que se restableza o alumeado na estación do tren, debido a que se trata dun lugar que rexistra moito tránsito de peóns. O rexedor insiste en que se proceda a realizar tarefas de mantemento na liña ferroviaria e que se potencie o uso público e turístico deste medio de transporte. LLano e o concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén participou nesta reunión, plantexánronlle a Adif a posibilidade de asinar un convenio mediante o que a empresa ferroviaria se comprometa a arranxar a ponte de Eijo Garay e o Concello encargaríase da súa decoración.
O alcalde burelés contou que “participamos nunha vídeo conferencia con responsables de Adif porque a nosa pretensión é facer un convenio para acondicionar esteticamente a ponte que hai en Eijo Garay. Nesa reunión, eu plantei temas da estación do tren e de autobuses de Burela. Hai que ter en conta que está no centro de Burela e que hai pouco tempo que se investiron aí bastantes cartos para melloras de asfaltado, mobiliario, na pintura do interior e exterior e na instalación eléctrica. O que non entendemos é que agora estea a escuras, tanto onde se colle o tren como onde se collen os autobuses.
Iso hai que miralo porque por alí pasa moita xente e é un perigo. Planteixe que, xa que arranxamos a estación, que estea perfecta”.
O rexedor dixo que “dun tempo a esta parte, obsérvase moita decadencia no mantemento e no uso dos trens. Estou preocupado porque a min me parece que o tren como servizo público vai ser no futuro algo imprescindible. Nas reunións que tiven antes e na doutro día, dixen que queremos que haxa un servizo de tren en boas condicións, coa súa cadencia para que os viaxeiros poidan empregalo, que tamén funcionen os trens de mercadorías e que ademais se retomen os trens turísticos. Manifestei que non queremos que se perda ese servizo público, que se atenda ben e que haxa unha cadencia porque agora mesmo pasan poucos ou un ao día. Non podemos permitir que se deixe ir abandonando e desapareza nun día todo o que temos reclamado e o servizo que ven facendo. Iso é o que hai que impedir por todos os medios. Tamén lles falei sobre cousas de mantemento e de atención ao público, ata non había quen atendese o teléfono. Iso penso que é unha falta de profesionalidade e de atención, que é preocupante”.
Alfredo Llano insistiu en demandar “por un lado a atención á estación do tren de Burela que está no centro do pobo. É unha estación vistosa e pasa moita xente por ela, por iso pedimos que teña todos os servizos dunha forma óptima. Despois pedimos volver recuperar o tren como un servizo público e esencial, tanto en Burela como en toda A Mariña, e que circule perfectamente por todo o litoral. Polo tanto, imos ver como responden. Estaremos atentos ao que nos digan para poder seguir efectuando reclamacións ou, se todo vai ben, darlles un aplauso porque non teríamos problemas con iso”.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén participou neste encontro con representantes de Adif, explicou que “planteamos la posibilidad de que arreglen el puente sobre Eijo Garay, que es una infraestructura suya. Si nos lo arreglan, quitando las filtraciones que hay y poniendo un sistema de canalización para que no haya goteras, nosotros nos comprometemos a decorarlo, tipo Amarte. Queremos conseguir varias propuestas de artistas de los que pasan por aquí u otros, y elegir una que decore toda esa zona del puente. Es una zona bastante grande para pintar, muy vistosa, por la que pasa mucha gente y además es la calle que baja a Amarte, nuestro museo al aire libre. Nos dijeron que estudiarían esa propuesta y que les mandemos un informe detallado sobre el estado del puente para que decidan. Tenemos la esperanza de que nos lo reparen, que hagan ellos esa parte y nosotros la artística porque es una zona de mucha visibilidad en el pueblo y que no puede estar como está”.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



