Lugo, 15 de febreiro de 2021. Ao longo e ancho da provincia pódese comprobar o estado de abandono no que se atopa moito do patrimonio da Deputación. Edificios en ruínas e instalacións pechadas que deberían de estar a pleno rendemento conforman un panorama que fala moi claro da deficiente xestión do bigoberno provincial, presidido polo socialista José Tomé. O grupo provincial do Partido Popular defenderá unha moción no próximo pleno para instar ao goberno a deseñar e executar un plan de recuperación, mantemento e posta en valor dos bens patrimoniais da Deputación, que terá que incluír un diagnóstico con información xenérica de cada inmoble, unha análise e avaliación da súa situación estrutural e riscos, en orden a priorizar inmobles a intervir e tipos de intervención; deberá incluír tamén un plan de conservación e restauración, un programa de execución do citado plan e un programa de mantemento, así como accións de difusión.
O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, explica: “Vistos os acontecementos destes últimos meses, nos que a Deputación foi infelizmente protagonista de numerosos casos de pasividade na defensa do patrimonio provincial, o grupo popular vese obrigado a presentar unha moción para tentar cambiar a actitude do equipo de goberno neste sentido. A gota que colmou o vaso foi a demolición integral da Casa da Botica en Guitiriz, que estaba protexida; o goberno da Deputación converteuse en cómplice de tal despropósito ao non ter tomado ningún tipo de medida de protección a pesares dos avisos”. Castiñeira sinala: “Desgraciadamente ese non é un caso illado, dado que existen moitas edificacións sen uso nas que dun xeito ou outro a Deputación ten e tivo a potestade de mantelas. Isto é o que motiva esta moción que, aparte de expresar a preocupación xa manifestada, abre a posibilidade de crear un plan con financiación propia para levalo a cabo nos próximos anos”.
O portavoz popular destaca que “coa desaparición de Suplusa xa non hai escusas; a Deputación agora é a dona das propiedades e máis do remanente que posuía a empresa pública provincial, que, por outro lado sempre foi 100% da Deputación de Lugo. Este é o caso da Casona do Incio, semidestruída e abandona a pesares das peticións de veciños e da corporación municipal para que se arranxe, sen recibir contestación algunha favorable por parte do goberno provincial”.
Os populares indican que “o patrimonio provincial é amplísimo e xa non é que non estea ben conservado ou abandonado, coma nos casos antes citados, senón que hai moito no que se investiron fondos provinciais e que non están postos en valor pola desidia do goberno. Claros exemplos desta deixadez son as instalación fluviais en Quiroga, Chantada, Portomarín, Os Peares en Carballedo, etcétera; desgraciadamente están paradas e non están sendo aproveitadas, como veu denunciando o Partido Popular nos últimos anos”.
Castiñeira sinala: “Entendemos que debe deseñarse un plan que defina a totalidade do patrimonio e o seu estado actual e que prevea a corto e medio prazo un programa de recuperación e posta en valor, podendo ser financiado en parte cos case 4 millóns de euros que recibiu a Deputación de Lugo pola liquidación de Suplusa”.


























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



