Ribadeo, 4 de febreiro de 2021. Satisfacción en Ribadeo tras coñecerse que é o pobo máis popular da provincia de Lugo. Os datos aparecen recollidos nun estudo de Musement, elaborado a partir do volume de buscas en Google, no que propón unha visita aos 50 pobos máis populares de todo o estado.
Musement sinala que a pandemia do covid19 e as limitacións da mobilidade durante o 2020 influíron de xeito notable no incremento do turismo de proximidade, que seguirá a ser unha tendencia neste ano que se acaba de estrear. Foron moitos os que optaron por redescubrir as súas cidades de residencia habitual e outros moitos os que buscaron pequenos paraísos lonxe das multitudes, pero cerca dos seus fogares. O pobo máis buscado da provincia de Lugo foi Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “realmente é unha satisfacción poder ver que nestes momentos de dificultade, de tristura, onde sempre hai malas noticias e onde parece que non se dá visto a luz ao final do túnel, dá unha certa satisfacción ver que Ribadeo é da provincia de Lugo o pobo, de menos de vinte mil habitantes, que máis buscas ten en Google e que máis interesa á xente doutras latitudes en vir coñecer. Todo isto segundo un estudo dunha plataforma que se chama Musement, que é unha das principais para a reserva de actividades, de visitas, de espectáculos e de eventos en internet, e o que reflicte é que, xunto con Cambados, Allariz e Betanzos, somos as localidades de Galicia máis buscadas e a grande diferenza das outras”.
O rexedor ribadense agarda que “a luz ao final do túnel se vexa canto antes e que poidamos ser un lugar de visita. Sabemos que o mundo do turismo vai cambiar e sabemos que unha economía non debe estar simplemente volcada nese sector, pero hai unha realidade que hai que ter en conta e que nos vai axudar, sen dúbida, coas medidas sanitarias que teñamos que tomar e con todas as recomendacións sanitarias que teñamos que ter, pero que máis cedo que tarde poidamos volver recibir a tanta xente que, nestes últimos anos, estivo vindo por Ribadeo. Habemos, tanto o sector hostaleiro coa iniciativa privada como nós como iniciativa pública, ter o mellor posible e disposto este pobo, este concello tan aberto, tan ansioso e tan desexoso de poder recibir a toda esta xente que a día de hoxe nos busca e pide información de nós polas redes por internet”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



